Imprimir

Miles marchan en Viveiro esixindo "solucións" para Alcoa

Europa Press | 03 de novembro de 2019

10.000 persoas marchan en Viveiro pola defensa de Alcoa na Mariña [Imaxe: Europa Press]
10.000 persoas marchan en Viveiro pola defensa de Alcoa na Mariña [Imaxe: Europa Press]
Unhas dez mil persoas marcharon polas rúas de Viveiro, desembocando na praza Maior ao canto de "enerxía solución". A mobilización, convocada polos sindicatos, é a cuarta das últimas semanas que esixe medidas para garantir o futuro de Alcoa na Mariña.

Preto de 10.000 persoas secundaron este domingo, 3 de novembro, a manifestación convocada en Viveiro polo comité de empresa de Alcoa-San Cibrao. Entre as súas demandas inclúense medidas para garantir o futuro da planta da multinacional na Mariña. A manifestación percorreu as rúas da vila para desembocar na praza Maior entre cánticos de “enerxía solución”.

Ao remate da manifestación interviñeron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente do comité de empresa da CIG, José Paleo. Paleo recibiu o apoio da cidadanía e transmitiu a mensaxe dunha “comarca unida” e lanzar un mensaxe ao futuro presidente, “sexa quen sexa”, demandando que “a redución do custo enerxético sexa unha prioridade”.

Paleo que a mobilización persegue medidas para abaratar a enerxía “como as que xa existen na Unión Europea”. O presidente do comité cualificou de “insuficiente” a partida de 25 millóns de euros en axudas, destinadas á compensación dos custos derivados das emisións de CO2, para facer competitiva a planta. Na mesma liña expresouse a alcaldesa de Viveiro, quen agradeceu a “participación masiva” da cidadanía e apuntou que para o Goberno entrante o desenvolvemento de medidas para garantir o futuro de Alcoa en San Cibrao.

Ademais de María Loureiro, participaron alcaldes e representantes políticos dos municipios de Foz, Mondoñedo, Cervo, Xove, O Vicedo, Burela, Trabada, Ourol, Valadoura e Alfoz; así como o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseira.

Esta foi a cuarta mobilización convocada polo comité de empresa de Alcoa-San Cibrao nas últimas semanas, tras as concentracións de Xove, Cervo e Burela que tamén contaron cunha alta participación. Alcoa supón máis do 30% do PIB das comarcas da Mariña e parte das do interior; entre emprego directo e indirecto dependen da fábrica unhas 3.000 persoas. A súa actividade, destacan os sindicatos, repercute en toda a economía da Mariña, especialmente no comercio e na hostalaría.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/miles-marchan-viveiro-esixindo-solucions-alcoa-ao-futuro-goberno/20191103164711086224.html


© 2019 Sermos Galiza