Imprimir

O Ministerio de Defensa recoñece como oficiais os símbolos franquistas desde 1936

Redacción | 09 de xuño de 2019

O documento evita referirse á rebelión militar franquista contra a II República española como golpe de estado.

Unha publicación do Ministerio de Defensa recoñece como oficial a bandeira e outros símbolos franquistas desde 1936. A derrota da II República e vitoria dos golpistas non foi até abril de 1939. Segundo aponta El Diario, a Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Defensa publicou en marzo do ano pasado un documento no cal se evita definir a rebelión franquista contra a II República como golpe de estado e denomínaselle  “alzamento militar”.

O documento titúlase Os símbolos do Estado español e é un tratado sobre a bandeira, o himno e o escudo españois. Neste texto dáselle carta oficial á mudanza de símbolos por parte dos franquistas antes de rematada a Guerra Civil, en 1939.

No documento especifícase que a bandeira republicana vai ser substituída após a rebelión militar de Franco e que o himno foi establecido a Marcha Granadera mediante un decreto en 1937.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/ministerio-defensa-reconece-oficiais-simbolos-franquistas-1936/20190609155108080612.html


© 2019 Sermos Galiza