Imprimir

Miranda defende a creación dunha rede de europarlamentares solidarios coas persoas migrantes

Redacción | 17 de febreiro de 2019

Foto: BNG Europa
Foto: BNG Europa

A eurodeputada participou en Francia nun debate sobre persoas refuxiadas. Chama a traballar pola posta en marcha de vías libres e seguras, así como pola aprobación da normativa de asilo.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa nunhas xornadas sobre a situación das persoas refuxiadas que teñen luar en Tarbes, Occitania (Estado francés), debate ao que asiste convidada pola eurodeputada do Partido Comunista Francés (PCF), Marie Pierre Vieu. “Temos que frear a construción da Europa fortaleza pola que avogan as forzas da extrema de dereita e seguir avanzando na Europa da solidariedade”, subliñou na súa intervención a eurodeputada nacionalista galega.

 

“Miranda animou as eurodeputadas e eurodeputados a traballar pola mellora das condicións de vida das persoas migrantes. Neste sentido, avogou pola necesidade de establecer "unha rede de europarlamentares que traballen pola posta en marcha de vías libres e seguras, así como pola aprobación da normativa de asilo".

 

Lembrou, neste punto, que un primeiro paso no establecemento de vías seguras é o visado humanitario, cuxa tramitación foi aprobada recentemente na Eurocámara. “Compre axilizar este proceso. Non podemos permitir que siga morrendo xente no Mediterráneo polo bloqueo que autorizan gobernos insensíbeis”, dixo.

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/miranda-defende-creacion-dunha-rede-europarlamentares-solidarios-coas-persoas-migrantes/20190217121352076182.html


© 2019 Sermos Galiza