Imprimir

Mobilizacións da CIG en defensa das pensións públicas

A. Escuredo | 29 de outubro de 2019

Protesta de pensionistas [Imaxe: Cedida]
Protesta de pensionistas [Imaxe: Cedida]
Retoma a campaña 'Por unhas pensións públicas dignas e garantidas' e continuarán en novembro.

O colectivo de xubiladas e xubilados e pensionistas da CIG retoma esta terza feira 29 de outubro as mobilizacións para dar continuidade a campaña 'Por unhas pensións públicas dignas e garantidas'. Este colectivo demanda unha revalorización que teña en conta o IPC “e non un mísero 25%” como explica a Sermos Galiza a secretaria de organización da CIG, Susana Méndez.

“Pensamos que a pensión mínima tería que equivaler ao 60% do salario medio”, indica Méndez, “e habería que derrogar as reformas de 2011 e 2013 para que se garanta o futuro para as pensións”.

Méndez sinala que as pensións galegas son “as segundas máis baixas de todo o Estado español” e nelas “as mulleres son as máis prexudicadas” polo que están a traballar nun novo calendario de mobilizacións que terá continuidade tamén no mes de novembro.

As mobilizacións terán lugar en Compostela (Praza do Toural, 20 horas); Vigo (Farola de Urzaiz, 19 horas); A Coruña (Obelisco, 19:30 horas); Lugo (Praza Maior, 19 horas); Ourense (Parque de San Lázaro, 20 horas); e Pontevedra (Praza da Peregrina, 20 horas).

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/mobilizacions-da-cig-defensa-das-pensions-publicas/20191029121557086000.html


© 2019 Sermos Galiza