Imprimir

Morreu o 15M. Que viva a nova política!

Xosé M. Marcote | Membro da Executiva nacional do BNG e concelleiro en Baiona

Sermos Galiza | 23 de xaneiro de 2016

Finalmente despexouse a incógnita.


Finalmente despexouse a incógnita. “A xente” non quería primarias abertas nin renuncia ás siglas. “A xente” quería mercar algo novo, ilusión polo cambio e alguén a quen seguir como se dun profeta se tratase. Non nos rasguemos as vestiduras, é o efecto que aupou electoralmente ao BNG a finais dos anos noventa. Isto é así e podemos adornalo como queiramos, seguirá sendo así. Xa que logo, aquel espíritu de transformación que naceu no 15M definitivamente quedou desterrado.

Unha cousa non quita á outra e cómpre, coma sempre, facer autocrítica dos erros cometidos na única opción que apostou por estas claves. Como nos gusta facer autocrítica, diríase que somos até masoquistas. Ainda que coido que o que sucede é que con cada fracaso electoral cada quen arrima a brasa á súa sardiña para aproveitar e soltar unha serie de reproches e consignas que repiten pase o que pase.

O proxecto de reunificación das forzas nacionalistas entorno a Nós Candidatura Galega fracasou electoralmente. Pero non é que fracasara por non obter representación no Congreso dos Diputados, o fixo porque foi humillada de tal xeito que podemos asegurar sin medo a equivocarnos que se queimaron demasiadas boas naves nunha travesía máis que arriscada. Mais non sexamos negativos, o camiño iniciado foi un paso máis no obxectivo da reconciliación dos nacionalistas galegos. O achegamento foi tal que moitos e moitas das que abandonaron a que fora históricamente a nosa casa común retomaron o contacto e miraron con bos ollos o proxecto de Nós Candidatura Galega. Eis a clave pola que non debemos perder a esperanza.

O BNG xa non está só nun espazo electoral que foi tradicionalmente seu, o da esquerda alternativa ao PSOE. Debemos adaptarnos a elo sen renunciar ao proxecto nacionalista, mais sin que iso impida estratexias electorais alternativas

Chegado a este punto, non debemos confundir a renuncia ou non dun proxecto político coa estratexia electoral. O BNG xa non está só nun espazo electoral que foi tradicionalmente seu, o da esquerda alternativa ao PSOE. Debemos adaptarnos a elo sin renunciar ao proxecto nacionalista, mais sen que iso impida estratexias electorais alternativas. Cometimos un erro moi severo ao creernos capaces de trasladar á masa electoral que foron outros os que non nos quixeron na unidade electoral, que o fixeron porque temían que estando nós no mesmo proxecto iamos a fagocitalo e absorvelo. Traducido a termos moi simples, uns poucos tiñan medo de que a maioría social activa acabase co seu chiringuito. E saíulles ben, é inevitable recoñecelo. Os que practicaron o pacto entre cúpulas, os que non tiñan base activista significativa, os que se negaron por activa e por pasiva á unidade escenificaron con facilidade o aillamento do BNG. Nin que decir ten que o esperpéntico comportamento de CERNA e Compromiso por Galicia non contribuiu en nada a clarificar a situación.

Cómo pretendemos que a maioría da masa electoral poda entender o sucedido si ainda hai quen nin sabe que Xosé Manoel Beiras xa non está no BNG? Popularmente estaba instaurada a marca da unión entorno á verba “Marea”. Son varios anos de mensaxe subliminal e non tan subliminal inculcados con empeño, para que aqueles que saben das cuestións políticas de refilón teñan unha idea preconcebida. E Nós tentou combater ese efecto en apenas un mes. Unha tarefa bastante máis complexa que participar activamente nunha candidatura unitaria onde o perfil nacionalista o debiamos dar os nacionalistas.

Agora tócanos decidir nunha nova encrucillada. Enrocarnos ou aceptar o que se nos pide. Ambas opcións teñen os seus pros e os seus contras, non é tarefa sinxela decantarse cara un ou outro lado, e senón que llo digan á CUP

“A xente” pediu unha soa cousa realmente, unidade fronte aos que provocaron o desastre no que vivimos actualmente. E non soubemos ou quixemos comulgar con ese predicamento.

Agora tócanos decidir nunha nova encrucillada. Enrocarnos ou aceptar o que se nos pide. Ambas opcións teñen os seus pros e os seus contras, non é tarefa sinxela decantarse cara un ou outro lado, e senón que llo digan á CUP. Mais unha cousa debe quedarnos clara, sexa cal sexa a opinión que teñamos, o facemos pensando que é o mellor para o proxecto colectivo que até o de agora representou o BNG e para Galiza. Non perdamos de vista isto último, Galiza non pode agardar a que deixemos atrás rencores, rifas do pasado ou purezas de discurso. Galiza precisa xa de políticos con responsabilidade, con altura de miras, que tomen as rendas do país e o transformen. Isto só pode pasar por unha alternativa real ao Partido Popular e sen o lastre que supón o PSOE nun cogoberno. Queremos formar parte e influenciar esa alternativa ou non?

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/xose-m-marcote/morreu-15m-viva-nova-politica/20160122180111044250.html


© 2019 Sermos Galiza