Imprimir

Nace en Compostela unha iniciativa a favor da lectura

Redacción | 02 de decembro de 2018

Biblioteca popular de Libros Man a Man en Lila de Lilith. Foto: Laura Veiga
Biblioteca popular de Libros Man a Man en Lila de Lilith. Foto: Laura Veiga

Libros Man a Man pretende dar unha nova vida aos libros, democratizar a lectura e facer comunidade.

 

Trátase dunha iniciativa dun grupo de estudantes de cuarto de xornalismo cuxo obxectivo é crear unha rede de bibliotecas populares na cidade de Compostela ao conectar varios puntos ubicados en librarías e centros socioculturais.

 

A finalidade última desta rede de bibliotecas é o acceso á lectura, independentemente do nivel económico, baixo o lema de "colle un libro e deixa outro se podes". Ademais, explican nas súas redes sociais que pretenden “crear comunidade, demostrar que as persoas son solidarias e que poden dar vida entre elas a un proxecto colectivo practicamente autoxestionado”.

 

Os primeiros puntos nos que se poderá facer este intercambio serán as librarías Lila de Lilith, Chan da Pólvora e Couceiro, o espazo para a arte Os Catro Gatos e a Facultade de Ciencias da Comunicación.

 

A partir desta primeira rede, poderán unirse outros locais interesados a través do seu Facebook, Instagram ou na súa propia páxina web.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/nace-compostela-iniciativa-favor-da-lectura/20181128122014074100.html


© 2019 Sermos Galiza