Imprimir

A nova suba na AP9 incrementa a alza nas peaxes desde 2010 máis de 25%

Redacción | 07 de setembro de 2018

peaxe
peaxe

Nos vindeiros meses as tarifas incrementarán en case 2%. A empresa gañou en 2017 máis de 44 millóns de euros.

O ano arrancou cunha suba de Audasa nas peaxes da AP9 (en xaneiro, suba de 1,9%) we vai finalizar do mesmo xeito, cunha nova alza nas tarifas por parte da concesionaria da Autopista do Atlántico. Van ser dúas subas que suman un incremento de case 2%. Un 1% para compensar polas obras en Rande e circunvalación de Compostela e outro tanto, 1%, polas bonificacións nos traxectos entre Pontevedra e Vigo.

 

Así pois, Audasa continúa a facer caixa en Galiza. En 2017 tivo uns beneficios que superaban os 40 millóns de euros e semella que quer superar esa marca en 2018.

 

Con esta nova suba, o prezo de percorrer de extrema extremo a principal vía de comunicación terrestre do país (Ferrol-Portugal) incrementou máis de 25% nos últimos oito anos, segundo cifra Faro de Vigo. O que contrasta coa decisión do goberno español de ir eliminando progresivamente peaxes en diversas autoestradas no Estado español. Un plan que afecta a tres vías: AP-1 entre Burgos e Armiñón, AP-7 entre Alicante e Tarragona e AP-4 entre Sevilla e Cádiz; cuxas concesións acaban en 2018 e 2019.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/economia/nova-suba-peaxes-ap9-incrementa-alza-nas-peaxes-2010-case-30/20180907101354071876.html


© 2019 Sermos Galiza