Imprimir

O Celta mantén a Resino unha temporada máis mentres no Depor, Lendoiro e Vázquez tentan acadar un acordo

X.M.P | 07 de xuño de 2013

Finalizada a campaña, ambas as dúas equipas traballan na configuración do plantel. Os adestradores, o primeiro punto

O Celta xa anunciou que Abel Resino seguirá outra temporada no banco vigués após de ter mantido o equipo en primeira. Aliás, e contra o ruxe ruxe que circulaban en sentido contrario, o director deportivo Miguel Torrecilla tamén continuará un ano máis, polo que afrontará a súa quinta campaña cos celestes.

En canto a xogadores, a confirmación oficial da marcha de Aspas ao Liverpool é cuestión de horas. O de moaña e o club inglés xa terían asinado o acordo polo que Aspas percibiría 1,5 millóns de euros por temporada, comprometénse cos Red Devils por catro delas. O Celta percibirá 9 millóns de euros, aproximadamente.

Contactos na Coruña

Mentres, Lendoiro e Vázquez seguen coa xuntanzas para chegar a un acordo de reconación de Fernando co club coruñés. Lendoiro e o adestrador de Castrofeito xa tiveron varias reunións, que finalizaron sen acordo mais coa intención de perseverar para acadalo. A diferencia entre ambas as dúas partes podería ser a cuestión económica.

Non hai dúbida de que a afección deportivista desexa si ou si a continuidade de Fernando Vázquez, que é un ídolo en Riazor.


 


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/o-celta-manten-a-resino-unha-temporada-mais-mentres-no-depor-lendoiro-e-vazquez-tentan-acadar-un-acordo/20130607114744015845.html


© 2019 Sermos Galiza