Imprimir

O Dépor ficha o ex céltico Krohn-Dehli, o que coloca Çolak na rampa de saída

ERNESTO URIBE | 29 de xaneiro de 2018

Krohn-Delhi persegue Andone nun Deportivo-Sevilla
Krohn-Delhi persegue Andone nun Deportivo-Sevilla

O dinamarqués, de 34 anos, é un futebolista de calidade técnica excelsa. A súa fichaxe abre a perspectiva de o Deportivo colocar no mercado de inverno o turco Çolak. O obxectivo continúa a ser contratar un medio centro defensivo.

Ninguén agardaba a contratación dun futebolista das características de  Krohn-Dehli, ex xogador do Celta e até agora integrante do plantel do Sevilla. O seu perfil, eminentemente criativo, torna desnecesaria a presenza na Coruña de Çolak, no albo de Cristóbal após o enésimo episodio de indisciplina do ex do Galatasaray.


A operación  Krohn-Dehli -que esta segunda feira pasará recoñecimento médico- pasa por facer sitio no vestiario, para non superar o teito salarial da escadra branquiazul. En todo caso, a chegada do dinamarqués non cobre a principal demanda de Cristóbal ao clube, un mediocentro defensivo que bote unha man en tarefas destrutivas nunha equipa que recebeu 46 goles no que levamos de campionato.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/o-depor-ficha-kroh/20180129110327065508.html


© 2019 Sermos Galiza