Imprimir

O expediente X de Allariz

Redacción | 27 de maio de 2019

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz
Cristina Cid, alcaldesa de Allariz

Dun empate entre BNG e PP a unha maioría absoluta do BNG. Un erro informático na web do Ministerio do Interior puña fin á hexemonía do Bloque na vila do Arnoia.

Seis actas para o BNG, seis actas para o PP e unha para o PSOE. Estes eran os resultados que reflectía a web do Ministerio do Interior a respecto dos resultados das eleccións municipais en Allariz. Un dos feudos históricos do Bloque deixaba de selo, mais por un erro nos datos amosados por Interior.

O Ministerio do Interior emendaba o problema e dáballe unha maioría absoluta máis ao Bloque Nacionalista Galego. Finalmente, Cristina Cid recuncará como alcaldesa da vila do Arnoia ao lograr o BNG o 62,11% dos votos e nove edís, fronte aos 22,8% dos votos do PP, que logra tres representantes, e o 13,6% das papeletas do PSOE, cunha acta.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/o-expediente-x-de-allariz/20190527012253080142.html


© 2019 Sermos Galiza