Imprimir

O Poder Xudicial ve "inconstitucional" a cadea perpetua encuberta que pretende Gallardón

B.V | 17 de xaneiro de 2013

Gallardón, titular de Xustiza [SG]
Gallardón, titular de Xustiza [SG]
Até 19 [email protected] 21 vogais deste órgano entenden que vulnera o artigo 25.1 da Carta Magna ao non facer parte do catálogo xeral de penas nin aparecer ligado a ningún delito concreto no novo código penal que prepara o Ministerio de Xustiza. Tampouco avalaron a custodia de seguridade


O Consello xeral do poder xudicial vén de emitir un informe en que lle fai saber ao ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, que as dúas medidas centrais da reforma do código penal español que pretende impulsar, a prisión permanente revisábel e a custodia de seguridade, non cumpren "cos principios constitucionais de legalidade e seguridade xurídica".

O órgano estaríande acordo en que a prisión permanente respecta a finalidade da reinserción social que debe perseguir a pena de cárcere, aínda contravindo a opinión de penalistas críticos que sinalan que tal reinserción só é posíbel con penas de curta duración.

Porén, até 19 vogais [email protected] 21 consideránona inconstitucional ao vulnerar o artigo 25.1, que exixe que as normas punitivas do Estado deben permitir á cidadanía coñecer que condutas son delitivas e en que grao poden ser castigadas.

A prisión permanente non fai parte do catálogo xeral de penas nin aparece contemplada de maneira específica en relación a ningún tipo delitivo. Para alén desta valoración, seis [email protected] non comparten tampouco a idea de que esta nova condena a privación de liberdade "non exclúe as medidas previstas para favorecer a reinserción social" da persoa, mais o informe do CXPX non é vinculante para o Goberno español.

Tampouco apoiaron a custodia de seguridade, ao considerar 16 [email protected] integrantes que se trata dunha medida "contraria" á Constitución. Cómpre lembrar que o que se importía sería unha situación de liberdade vixiada para, por exemplo, [email protected] ás que se lles aplicou a lei antiterrorista. Así, após pasaren polo cárcere, os seus dereitos seguirían restrinxidos durante un período que pode chegar aos 10 anos. O código penal español contempla penas de até 30 anos que soben a 40 de se aplicar a citada lei antiterrorista. Por tanto, [email protected] neste último suposto ficarían até 50 anos baixo control do Estado.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/o-poder-xudicial-ve-inconstitucionalidade-na-cadea-perpetua-encuberta-que-pretende-gallardon/20130117140849009662.html


© 2019 Sermos Galiza