Imprimir

Acto de recoñecemento ao traballo de Rubén Cela como portavoz municipal do BNG en Compostela

Redacción | 08 de setembro de 2019

Rubén Cela
Rubén Cela

Será o sábado  21 de setembro no Hotel Os Abetos da capital galega.

Rubén Cela (Lugo, 1979) foi durante 8 anos portavoz municipal dio BNG en Compostela, a cidade na que vive desde hai anos e na que se implicou desde o seu desembarco na capital galega na súa época de estudante. Un acto que  quer recoñecer e premiar eses anos nos que Cela exerceu de mascarón de proa do nacionalismo galego en Santiago.

O acto será no Hotel Os Abetos o vindeiro 21 de setembro e os interesados poden informarse e anotarse en actorubencela.wordpress.com.

Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela,Rubén Cela iniciou o seu compromiso co nacionalismo ben novo, empezando a militar con 16 anos. Foi secretario xeral de Galiza Nova e director xeral de Xuventude durante o goberno de coalición entre PSOE e BNG (2005-2009). 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/organizan-acto-reconecemento-ao-traballo-ruben-cela-como-portavoz-municipal-compostela/20190908175308083849.html


© 2019 Sermos Galiza