Imprimir

Palabras con memoria: Coidado cos golpes

Ramiro Torres | 01 de novembro de 2019

Cicatriz.
Cicatriz.

anoiado/a.- Aparvado/a, sen sentido, sobre todo tras un golpe ou conmoción. Tamén se utiliza para cualificar a quen é pouco espelido/a.

Lugar de escoita.- A bisbarra do Barbanza.

Fonte.- Constantino Prego.

 

centeira.- Roce nos dentes producido pola froita.

Lugar de escoita.- A Fonsagrada.

Fonte.- Suzana do Páramo.

 

crocha.- Bostela, costra que se forma na cicatrización dunha ferida.

Lugar de escoita.- Valga.

Fonte.- Fátima Castro Castiñeiras./ C.D. Atalaia (Vigo).

 

degolada.- (Ademais doutros significados) Persoa que ten unha postura tendente ao descontrol ou lateralizada.

Lugar de escoita.- San Lourenzo de Árbol (Vilalba).

Fonte.- Patricia Díaz Seoane.

Outros apuntamentos.- Centro de Día de Abadín.

 

furallolo.- Golpe moi forte.

Lugar de escoita.- Sigrás (Cambre).

Fonte.- Borja Vázquez Mejuto.

 

necha.- (Ademais de significados xa rexistrados) Ferida.

Exemplo.- “Bateu cunha pedra e agora ten unha necha na cabeza.”

Lugar de escoita.- Noia.

Fonte.- Alexis Vilas.

 

xabata.- Pedazo de pel dunha ferida.

Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.

Fonte.- Endl Navia de Suarna.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/palabras-memoria-coidado-cos-golpes/20191101215256086199.html


© 2019 Sermos Galiza