Imprimir

Palabras con memoria: Palabras salgadas

Ramiro Torres (AELG) | 13 de setembro de 2019

alpeo.- Rizón, áncora

Lugar de escoita.- Fisterra.

Fonte.- María Canosa.

 

carameixo.- Berberecho.

Lugar de escoita.- Seixido (A Lama-Pontevedra).

Fonte.- C. Raquel Liste Vales.

Outros apuntamentos.- Centro de Día de Portas.

 

espurrifada.- Parte rompente dun tombo de mar.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

 

esquieiro.- Truel.

Exemplo.- "Collemos o esquieiro e fomos pescar camaróns."

Lugar de escoita.- Burela.

Fonte.- Mario Ferreira.

 

pedro.- (Ademais doutros significados) Lancha pequena de acompañamento.

Lugar de escoita.- Ortigueira.

Fonte.- Vanessa Hermida Carballeira.

Outros apuntamentos.- Centro de Día de Abadín.

 

xaspe.- (Ademais de significados obvios) Palangre moi claro.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

 

xiballada.- Peixe pequeno que viña no boliche e non valía. Machucábase para engado.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/palabras-salgadas/20190911193040083961.html


© 2019 Sermos Galiza