Imprimir

A Pomba do Arco organiza unha excursión polo Alto Navia e o Eo

Redacción | 12 de agosto de 2019

Taramundi. Foto: cedida.
Taramundi. Foto: cedida.
Museos, patrimonio natural e monumentos serán o menú da excursión que a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organizou para o domingo 22 de setembro ás terras do alto Navia e do Eo.

A viaxe comezará en Grandas de Salime, na actual comunidade de Asturias. Alí as persoas excursionistas visitarán o seu completo museo etnográfico, o museo e o castro de San Martín e gozarán das “paisaxes de engado” sobre o encoro de Grandas de Salime. O xantar será na mesma localidade no mesón A Reigada.

De tarde, o periplo atravesará Vilanova de Oscos para coñecer o mosteiro de Santa María. O conxunto patrimonial e etnográfico de Taramundi será o fin da xornada.

Para participar na viaxe cómpre pagar 30 euros se se é socio da Pomba do arco e 33 se non. Inclúe o desprazamento en autobús, o xantar e as entradas en museos. As interesadas deberán inscribirse antes do 70 de setembro en [email protected] ou no teléfono 608555010.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/pomba-do-arco-organiza-excursion-polo-alto-navia-eo/20190812134431083032.html


© 2019 Sermos Galiza