Imprimir

Medalla de bronce para as 'Irmandiñas'

Redacción | 01 de agosto de 2019

A selección galega feminina perdeu (7-23) contra as vixentes campioas mais vén para a casa coa medalla de bronce. A masculina caeu en cuartos ante Francia, unha das favoritas ao título.

A selección feminina de fútbol gaélico perdeu (7-23) ante New York e non estará na final do Mundial de Irlanda de Fútbol Gaélico 2019. Unha mágoa en vista da progresión das 'Irmandiñas' nestes anos e que volveron ratificar na fase de inicio desta competición onde participaban 85 equipas.

As rapazas de Nova York foron por diante desde o primeiro minuto e nunca deron opción. Mais a selección galega non baixou os brazos e pelexou ata o último momento, apoiada por unha grada que animou as irmadiñas. Finalizado partido, os berros de 'Galiza, Galiza' intentaban animar as xogadoras. A selección galega, de todos xeitos, volva a casa cun máis que meritorio terceiro posto.

Os rapaces da selección galega caeron na maá desta quinta feira en oitavos de final fronte a unha das grandes favoritas, Francia, mais disputaron un moi bo partido que obrigou a forzar a prórroga e na que os galos tiveron que empregarse a fondo.


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/potente-new-york-trunca-carreira-da-seleccion-galega-estar-final-do-mundial/20190801143910082708.html


© 2019 Sermos Galiza