Imprimir

O PP apoia o BNG en Catoira e Mondariz

Redacción | 15 de xuño de 2019

Casa do Concello de Catoira. Foto: Wikipedia.
Casa do Concello de Catoira. Foto: Wikipedia.

O Partido Popular investiu este sábado o nacionalista Xoán Castaño como alcalde de Catoira. Finalizaron así 30 anos de mandato do socialista Alberto García. En Mondariz, a dereita e os socialistas apoiaron o BNG, cuxo candidato, Emilio Barros, será primeiro edil ao desbancar a Alternativa por Mondariz, a forza máis votada.
 

En Catoira, a asemblea local do Bloque desoiu as directrices nacionais de “facilitar gobernos alternativos ao PP apoiando a forza nacionalista ou de esquerdas que recibise máis apoios o 26M”. Os seus tres concelleiros sumaron os tres do PP e impuxéronse así aos cinco dos socialistas. A dirección do BNG anunciou que “analizará as medidas a tomar” despois do sucedido.

En Mondariz, Barros fíxose co bastón de mando ao recibir apoio do PP e do Partido Socialista. O Bloque local afirma que non houbo contactos cos populares, segundo informa Europa Press. O candidato nacionalista encabezou a segunda lista máis votada despois de Alternativa por Mondariz -catro edís- e acadou tres asentos. Sumaron con el dous do PP e un do PSdeG. Ciudadanos tamén está na corporación, cun.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/pp-apoia-bng-catoira-mondariz/20190615181348080859.html


© 2019 Sermos Galiza