Imprimir

Precarias pola Atención Primaria considera un “erro” desconvocar a folga

Redacción | 09 de abril de 2019

Precarias pola Atención Primaria
Precarias pola Atención Primaria

Consideran “insuficientes” os compromisos adquiridos pola Consellaría.

O colectivo Precarias pola Atención Primaria discrepa da desconvocatoria da folga neste servizo e transmitíronlle este posicionamento aos sindicatos e resto de colectivos que convocaran os paros para o 9, 10 e 11 deste mes.

 

Precarias cualifica de “totalmente insuficiente” a oferta da Consellaría de Sanidade de constituír un Consello Técnico de Atención Primaria: “Non dá resposta ás reivindicacións da protesta”.

 

“Cremos que é un erro apagar o descontento e a mobilización por unha promesa vaga de diálogo e sabemos que este é un sentir compartido entre as profesionais da sanidade pública”, afirman, anunciando que continuarán con accións e mobilizacións até acadar a fin da “precariedade laboral e a mellora global” do servizo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/precarias-pola-atencion-primaria-considera-erro-desconvocar-folga/20190409103526077918.html


© 2019 Sermos Galiza