Imprimir

Premio de Honra do Festival do Teatro Galego do Carballiño a Miguel de Lira

Redacción | 07 de setembro de 2019

Imaxe: Fetega
Imaxe: Fetega

'Curva España' de Chévere levou o premio ao Mellor Espectáculo, Machi Salgado a Mellor Actor e Patricia Vázquez a Mellor Actriz. O Fetega celebraba nesta edición os seus 30 anos.

A 30ª edición do Festival de Teatro Galego 'Celso Parada' (Fetega) do Carballiño puxo esta sexta feira o ramo á súa edición de 2019, que se celebrou na primeira semana de setembro. A entrega do seu premio de honra ao actor e cofundador da compañía Chévere Miguel de Lira, pola súa achega “imprescindíbel” ao mundo das artes escénicas marcou o acto de clausura.

Non foi o único premio entregado na gala de feche do Fetega. Así, o xurado escolleu como mellor monologuista a Pepo Suevos, '4 segundos' da compañía ÍO recibe o galardón a Mellor Espectáculo de Rúa, Machi Salgado a Mellor Actor e Patricia Vázquez a Mellor Actriz. 'Curva España', da compañía Chévera leva o premio a Mellor Espectáculo.

O Fetega do Carballiño fai tres décadas. Cinco compañías conformaron o groso da programación da edición número 30, do 2 ao 6 de setembro e que tamén incluíu monólogos, novo circo e animación de rúa. Este ano amplliou o seu nome e pasa chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/premio-honra-do-festival-do-teatro-galego-do-carballino-miguel-lira/20190907114706083832.html


© 2019 Sermos Galiza