Imprimir

O premios María Casares substitúen as xerras de Sargadelos por pezas de Paula Pereira

Redacción | 15 de febreiro de 2019

A ceramista Paula Pereira e a actriz e secrataria da Asociación de Actoras e Actrices de Galiza Iria Sobrado sosteñen as novas pezas dos premios María Casares. Foto: LaDiapo.
A ceramista Paula Pereira e a actriz e secrataria da Asociación de Actoras e Actrices de Galiza Iria Sobrado sosteñen as novas pezas dos premios María Casares. Foto: LaDiapo.

Unha intepretación do rostro de María Casares a cargo da ceramista Paula Pereira (Arcade, 1986) será o trofeo da 23ª edición dos premios de teatro María Casares, outorgados pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza. As pezas substituirán ás tradicionalmente empregadas de Sargadelos.
 

A xunta directiva da agrupación “anunciou o pasado decembro a súa intención de prescindir das tradicionais figuras co rostro de María Casares asinadas por Sargadelos debido ás decisións empresariais e ás declaracións ao respecto da acción sindical da actual dirección do grupo”, indica un comunicado da Asociación de Actores e Actrices.

 

Desde a defenestración de Isaac Díaz Pardo hai xa 12 anos, a compañía Sargadelos adoptou unha serie de decisións que, ao ver de propios e estraños, a separaron dos seu espírito orixinario, galeguista, preocupado pola cultura e vencellado á tradición republciana e do exilio.

 

“Con esta decisión iníciase unha nova etapa dos Premios María Casares”, indican desde a organización dos mesmos. A gala de entrega será o vindeiro xoves 21 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/premios-maria-casares-substituen-xerras-sargadelos-pezas-paula-pereira/20190215142038076143.html


© 2019 Sermos Galiza