Imprimir

Preséntase en Compostela 'Historia do nobre Ponto'

Redacción | 18 de Maio de 2016

O rei Huguel de Bretaña acolle a Ponto e os seus compañeiros tras o naufraxio (miniatura dun dos manuscritos) [Imaxe cedida por H. Harguindey]
O rei Huguel de Bretaña acolle a Ponto e os seus compañeiros tras o naufraxio (miniatura dun dos manuscritos) [Imaxe cedida por H. Harguindey]

Mañá quinta feira preséntase na libraría Couceiro o libro Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, traducido do francés ao galego por Henrique Harguindey.

Este libro, verquido á nosa lingua por Henrique Harquindey, que tamén asina un necesario limiar sobre a obra, é unha novela de cabalería do século XIV que foi un auténtico best-seller en toda Europa e que ten por heroe que encarna todas as perfeccións un fillo dun rei galego. 

A editorial Rinoceronte vén de encher un importante baleiro ao publicar esta obra -de autor descoñecido- cuxa existencia só era coñecida practicamente por algúns filólogos e medievalistas, principalmente franceses.

O acto de presentación, organizado pola asociación O Galo, terá lugar ás 20 horas da quinta feira en Couceiro, coa presenza do tradutor e de Luis Gonçales Blasco Foz, Profesor de lingua e literatura galega.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/presentase-compostela-historia-do-nobre-ponto/20160518182916047770.html


© 2019 Sermos Galiza