Imprimir

Primeira carta á nai

Marga do Val | Escritora

Sermos Galiza | 23 de setembro de 2013

O 31 de decembro de 2011 remataba o ano e Sermos Galiza confirmábase como un proxecto colectivo para ser unha voz precisa e necesaria, conseguiamos poñer unha empresa en marcha. Esa día, último do ano, a xente tende a facer balanzo e a pensar que  unhas horas despois as cousas poden mudar, desexámonos moita felicidade e pretendemos con esa data poñer remate a pesadelos e malos tempos. 

O 31 de decembro de 2011 remataba o ano e Sermos Galiza confirmábase como un proxecto colectivo para ser unha voz precisa e necesaria, conseguiamos poñer unha empresa en marcha. Esa día, último do ano, a xente tende a facer balanzo e a pensar que  unhas horas despois as cousas poden mudar, desexámonos moita felicidade e pretendemos con esa data poñer remate a pesadelos e malos tempos.

Eu aquel 31 de decembro fun unha presa independentista que lle escribía a Nai. Aquel escrito foi publicado na rede no Blog que existía de Sermos Galiza, baixo un primeiro título que rezaba “Epistola(s) para un novo ano”, pretendía escribir moitas, mais por algunhas razóns fiquei muda, hoxe quero retomar esas epístolas e volver achegar ese texto que xa non se atopa nos vieiros da rede, hoxe que a miña dor e impotencia segue sendo a mesma, só que hoxe xa como Eduardo Vigo, Roberto Rodríguez, Antom Santos e María Osorio síntome condenada, privada de liberdade con 18 anos, con 10 anos de cárcere. Solidarízome con todas as familias, con todas as súa amizades, eu que sei que a vida moito lles mudou. Asegúrovos que agora todas e todos que arelamos e soñamos coa independencia, con independencia somos máis ca nunca punto de mira, formamos parte da unidade de observación intensiva e sobre nós instálase a dúbida: El seremos [email protected] terroristas? 

"Solidarízome con todas as familias, con todas as súa amizades, eu que sei que a vida moito lles mudou. Asegúrovos que agora todas e todos que arelamos e soñamos coa independencia, con independencia somos máis ca nunca punto de mira"


EPÍSTOLA(S) PARA UN NOVO ANO

Primeira:  Carta a Nai.

    Nai, querida:

Aquí me tes, escribíndoche unha carta que nunca vas ler. Unha carta, neste remate de ano, coa independencia de fondo, esa palabra que ti tamén me aprendiches. Co temor, nai, de que este sexa o último día que en moito tempo me permitan gozar en liberdade, con independencia. Nai, de ti tamén aprendín, que non se poden, nin se deben, pedir desculpas polas nosas obras, cando estas obedecen á razón e non atentan contra o ben común, cando o noso traballo persegue precisamente ese ben común, a nosa independencia e dignidade como pobo. 

Mamá, quen sabe se mañá me virán deter. Entrarán na miña casa, remexerán nos meus papeis, ciscarán os libros polo chan, baleirarán os meus armarios, esnaquizarán algunha louza que repousa no chineiro.... Nai, daranlle a volta a todo, aos obxectos e ás palabras. E aínda vas ter razón cando dis que teño que tirar da garaxe as latas baleiras de aceite e de gasolina! Motivo de desleixo para ti, para min unha barreira para non dar co coche contra a parede; estas latas aínda me van dar algún desgusto! E aínda vai ter razón a veciña, iso vai pensar, que tanto libro non pode ser bo, que xa o dicía ela, que si, que son unha boa persoa, máis de ideas e, iso, tarde ou cedo, sempre acaba mal. Pode ser que sexa ela a que che diga como me sacaron da casa, como me meten no coche. Como levan o meu ordenador portátil, a cámara de fotos e unha caixa. Pode ser que sexa ela, o primeiro elo dunha cadea de condenas da que ti, nai, non has librar. Farán de ti unha vítima, unha culpábel e da familia campo de especulacións, hipóteses, premisas e conclusións.

Xa me doe, nai, pensar nos xornais petándovos na porta, nas cámaras fotográficas perseguindo as túas lágrimas, na voz que se perde e non atina de pai, na cámara de televisión procurando entrar, unha toupa a escarvar na paisaxe íntima do afecto e da dor. Imaxino algunha veciña de toda a vida a dicir como nos veu medrar, que tanto estudo xa se sabe e mira que boa xente. Quen sabe, nai, se alguén procurará nas fotos vellas a miña infancia na compaña doutra rapazada, mesmo a primeira mocidade, para saíren no xornal as nosas imaxes de colexio comarcal, do campo do balón, do ir e vir nas barquiñas da festa, dos namoros. Non faltarán as loanzas do meu expediente académico brillante, da miña conduta sen chata.  

"Quen sabe se mañá me virán deter. Entrarán na miña casa, remexerán nos meus papeis, ciscarán os libros polo chan, baleirarán os meus armarios, esnaquizarán algunha louza que repousa no chineiro.... "

Entón xa non se falará doutra cousa ou a cousa andará pola calada para caer, dependendo da capela, no círculo do pecado ou no sarillo do politicamente incorrecto. Culpábel e inocente serán o negro e o vermello da ruleta, que dará voltas na boca da xente, que asegurará coñecerme e saber todo da miña vida ou non ter nin escoitado o meu nome. Entre as amizades, a impotencia, a rabia. Entre camaradas de militancia política algo haberá que facer, entre manifestacións e concentracións espontáneas, mensaxes por teléfono e a rede (in)controlábel.... A solidariedade e o amor fortes fronte a alguén que, me e nos, terá negado máis de tres veces antes de que cante o galo.

Fóra todo será moi rápido, mais para ti, para vós, para min, vai ser eterno. Nin tan sequera poderedes imaxinar os interrogatorios longos, as preguntas aldraxantes, a perda da intimidade, un día e outro, coa mesma roupa, coa que me levaron da casa... O frío que se mete no corpo, na boca do estómago, a espera e cansazo. A necesidade de resistir, espantar o medo e a derrota. Mamá, entón, só entón, saberemos que a Lei Antiterrorista é algo terríbel. Mamá, serás coma min condenada, sen presunción de inocencia, o meu nome e o meu rosto nos xornais. Serei culpábel, até que se demostre o contrario.... Nai, iso, aprenderás axiña, vai tardar aínda moito tempo en falarse de inocencia.

Poden ser cinco días nunha illa, sen comunicación, até que o xuíz fale comigo, cando isto ocorra a conta pode volver atrás para comezaren os cinco días. Recibiredes a miña chamada para dicirvos onde me levan, a breve chamada de menos dun minuto. Angustia, medo, dor, son palabras que se mesturan coa cólera e indignación, palabras que van loitar contra o terrorismo psicolóxico que só acaba de empezar. Detención, traslado, incomunicación, Audiencia Nacional, Xuíz, Auto de prisión, baten contra a inocencia e contra a miña defensa, a defensa que eu elixa aínda tardará en poder falar comigo, a vós recibiravos e, entre todas as verdades, aconsellaravos ter paciencia. Estremera, Soto del Real, Navalcarnero ou Aranjuez fican moi lonxe, poderei acabar en calquera destes lugares... A lei antiterrorista española é así, está denunciada por Amnistía Internacional.

 "A solidariedade e o amor fortes fronte a alguén que, me e nos, terá negado máis de tres veces antes de que cante o galo"

Si, nai, comezará a vosa peregrinación, de nada vai valer a vosa saída inmediata cara o lugar onde me atope: para quen teña as chaves das portas [email protected] @s [email protected] son [email protected] Bateranvos coa porta na cara, pediranvos libro de familia e se queren, xa que ao mellor non é o día indicado para iso, admitirán a vosa solicitude de visita para outro día. Pensarás que estou dentro, coa mesma roupa, a que tiña na casa cando me detiveron, pensarás que se non deixan que me vexas, que me fales, é que estou mal... Constatarás entón que isto é unha historia de terror, que che soa dos cárceres de Franco, da represión de despois do 36 e terás medo. Nin tan sequera me poderedes facer chegar a roupa que levades nunha bolsa porque aquí o domingo non é día de roupa nova. Vós, daredes en pensar no meu tempo infinito, en aproveitalo para recuperar o meu inglés, mais o exemplar de Treasure Island de Stevenson que andaba pola casa, tampouco atravesará a fronteira, non entendedes a razón, é entón cando vos explican que cómpre mandalo a Madrid para que o traduzan, que iso tardará un mes; coa súa inocencia pai dirá que só é literatura de evasión, unha palabra prohibida no cárcere, que alguén substituirá por entretemento para calmar ánimos. E non hai nin visita, nin roupa, nin libro, aínda que o inglés sexa a segunda lingua en importancia para o estado.  

Volvedes co amor intacto e, ao día seguinte, Pai e mais ti, levaredes a fatiga e a impotencia na voz e no corpo da casa ao centro do traballo, do privado ao público. Será entón, mamá, cando eu me poida sentir culpábel, cando teña medo do que vos poida pasar, só, entón terei medo. 

No próximo domingo pola tarde poderedes volver e despois de facerdes quilómetros coa desconfianza no corpo, verédesme, coa obriga de termos ánimo e forza, [email protected] Xa, entón, saberedes da solidariedade das familias [email protected] [email protected] que xa vos terán chamado á casa para dicirvos como estou, da solidariedade que me prestou roupa, da que me fixo chegar unha bolsa desde fóra, superando atrancos por non ser da familia, cando iso non importa. Na visita aprenderedes axiña que as vosas palabras, que a conversa está gravada, vós tamén estades no cárcere, nunha visita breve. Esta vez, despois de tantos quilómetros, volveredes con máis tranquilidade, sabedes que vivo e até outra. Entón mudará a vosa vida, sempre pendente de min, de calquera sinal, da palabra inocencia, de se me autorizan as chamadas, coas liñas telefónicas libres desde as cinco ás sete da tarde, como unha penitencia diaria, e a chamada que non chega.  

"Na visita aprenderedes axiña que as vosas palabras, que a conversa está gravada, vós tamén estades no cárcere, nunha visita breve".

Constataredes como en menos de quince días, eu no cárcere, deixarei de ser noticia, eu fóra do mundo, fóra da prensa sensacionalista e de sucesos, vós, fóra e dentro do cárcere comigo. Deteranse os manifestos, só algunhas páxinas na rede serán testemuñas do alento de quen está dentro por ser independentista e dicilo. Os días seguirán co leixaprén encadeado da crise, coa nova escravitude, coa perda de dereitos individuais, laborais, coa represión diaria, coa violencia de xénero e coas mulleres mortas e cos seus asasinos sen nome e sempre coa súa presunción de inocencia. Como sempre dis, nai,  mulleres vítimas da loita contra o patriarcado que pagan coa vida a procura da súa independencia. Os días seguirán co refrán da necesidade dos recortes, na sanidade, no ensino público, recortes que tanto favorecen o escravismo. Entón, nai, a xente estará en perigo e poida que aínda non o saiba, cando defenda calquera dos seus dereitos ameazados, estará en perigo cando defenda a lingua, por que a lingua é a patria, o tesouro da illa, que nos obrigan a enterrar. Cando se atrevan a dicir, explicar, ler, demostrar que a lingua propia de Galiza é o galego, contra o valedor do pobo. Quizais a xente non o saiba, mais nese momento tamén estará en perigo a súa liberdade e independencia e a pouca liberdade dun Estatuto de Autonomía que non se podía cuestionar. Nai, a fantasma do capitalismo máis cruel esmaga a liberdade, machuca pobos e chúchalles o seu zume, oprime ideas. Eu declararei que quero a independencia do meu pobo, da miña patria, da miña lingua, está será a miña culpa. Por iso estou no cárcere onde o tempo é lento, moi lento guiado pola man da Lei Antiterrorista.

"A xente estará en perigo e poida que aínda non o saiba, cando defenda calquera dos seus dereitos ameazados, estará en perigo cando defenda a lingua, por que a lingua é a patria, o tesouro da illa, que nos obrigan a enterrar".

As miñas palabras, para moita xente serán mostra de infantilismo, de que non paga a pena andar con isto nestes tempos ou estarán fóra do politicamente correcto neste sistema democrático, o mesmo en que ninguén é asasino se non disparou a bala, aínda que levase a pistola; onde nin sequera é asasino quen confesa até que declara nun xuízo e se emite unha condena. 

Só estarei no pensamento das persoas que me queren, das persoas coma min, nas persoas coma ti, nas persoas que poden ser ti, condenada nai de [email protected], nas persoas coma min que se atreven a soñar coa independencia, mentres non se demostre o contrario, isto aínda non é delito.

Nai, non saberemos que ía na caixa que levaban e, ti, nunca poderás ler esta carta, estará no ordenador, proba irrefutábel da miña culpabilidade e de todo o meu amor... Nai, mañá irán por ti, culpábel, por me ensinares tamén a palabra: Independencia.   
    
Marga do Val

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/marga-do-val/primeira-carta-nai/20130918190146019224.html


© 2019 Sermos Galiza