Imprimir

Prisión sen fianza para os catro independentistas detidos na ‘Operación Lusista’

Redacción | 18 de xuño de 2019

Esta terza feira compareceron diante do titular do xulgado nº6 da Audiencia Nacional

Manuel García Castellón, xuíz da Audiencia Nacional, decretou esta terza feira a prisión incondicional sen fianza para os catro independentistas detidos esta fin de semana en Vigo e Vilamarín no marco da ‘Operación Lusista’. Así o recollen diversos medios españois citando fontes da Audiencia Nacional.

O titular do Xulgado de Instrución nº6 da AN decretou o seu ingreso en prisión após interrogalos. Unha medida que adopta en base ao presunto delito de pertenza a organización terrorista de Antom García Matos ‘Toninho’ e Asunción Losada camba; e de colaboradoras para Miguel G.N e Joam M. S. Os catro estiveron durante estes días baixo aplicación da coñecida como Lei Antiterrorista,  marco xurídico excepcional que organismos e entidades internacionais denunciaron que vulnera dereitos fundamentais das persoas detidas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/prision-fianza-catro-independentistas-detidos-operacion-lusista/20190618155145080964.html


© 2019 Sermos Galiza