Imprimir

Esta quinta feira: concentracións en protesta pola sentenza do Supremo

Sermos Galiza | 08 de Novembro de 2018

Tribunal Supremo
Tribunal Supremo

Nas sete cidades galegas, convocadas polo BNG.

O BNG convoca concentracións nas sete principais cidades galegas nesta quinta feira, 8 de novembro, para mostrar o rexeitamento contra a decisión do Tribunal Supremo "a favor da banca e en contra das persoas" no impostos das hipotecas. Outro colectivos, como a PAH Vigo- Tui Baixo Miño tamén convocan accións, desta volta a sexta feira e cunha cacerolada perante os xulgados ás 11:30

 

A formación nacionalista lembra outras "estafas bancarias" recentes, como a das preferentes e subordinadas, que motivou unha "mobilización social exemplar, contundente e constante por parte da sociedade galega, logrando a recuperación da maior parte do diñeiro estafado".

 

As concentracións terán lugar nas sete grandes cidades galegas:

A Coruña, Obelisco, 20:00 H.

Ferrol, Praza Amada García, 19:30

Compostela, Praza Toural, 20:30

Pontevedra, Prz Peregrina, 20:30

Vigo, Farola Urzáiz, 20:00

Ourense, Diante Subelegación do Goberno, 19:30

Lugo, Prz Maior, 20:00


 


 


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/quinta-feira-concentracions-protesta-pola-sentenza-do-tribunal-supremo/20181108073021073505.html


© 2018 Sermos Galiza