Imprimir

Recorren os servizos mínimos “abusivos” fixados para os días de folga en Lavacolla

Redacción | 11 de setembro de 2019

Interior do aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro.
Interior do aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro.

Aena fixou 100% para cada unha das 3 xornadas de paro convocadas para os días 13, 20 e 27 de setembro.

O comité de folga do aeroporto Rosalía de Castro denunciou os servizos mínimos “abusivos” decretados por Aena, do 100%, para cada unha das 3 xornadas de paro convocadas para os días 13, 20 e 27 de setembro. Consideran que con esta medida a empresa pública vulnera o dereito ao exercicio dun dereito fundamental como o de folga e anuncian xa que os recorrerán para que este decreto sexa anulado.

O comité de folga incide en que é a actitude de Aena a que ten provocado esta convocatoria de folga, “por ignorar as demandas e por, nin sequera, recibilos para tratar de achegar posturas”.

A CIG denuncia ademais que tamén decretaron uns servizos mínimos abusivos tanto a empresa encargada da Seguridade Privada do aeroporto como a que se encarga do combustible.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/traballo/recorren-servizos-minimos-abusivos-fixados-dias-folga-lavacolla/20190911125353083932.html


© 2019 Sermos Galiza