Imprimir

A redacción de Nós Diario fórmase en SEO

Redacción | 08 de novembro de 2019

Curso de SEO na redacción de Sermos Galiza/ Nós Diario (Sermos Galiza)
Curso de SEO na redacción de Sermos Galiza/ Nós Diario (Sermos Galiza)

Xornalistas da nova cabeceira participaron nun curso especializado en técnicas para acadar boa posición en internet.

O coñecemento das novas técnicas de optimización en motores de procura é fundamental no xornalismo dixital. Por este motivo xornalistas da redacción de Nós Diario, a nova cabeceira que iniciará a súa andaina o vindeiro 2 de xaneiro de 2020, recibiron un curso de formación Search Engine Optimization (SEO).

Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Nós Diario, explica a Sermos Galiza que o curso se desenvolveu no horario laboral do persoal. “Concibimos a formación como un dereito e tamén como un deber sen que iso supoña cargar a responsabilidade ás traballadoras e traballadores, entendemos que é unha obriga nosa que se realice sen que ocupe o seu tempo de lecer”.Curso SEO   impartido por Openhost na redacción de Sermos Galiza/ Nós Diario (Sermos Galiza)

Impartiron o curso David Martínez, CEO en Openhost, e Cristina Franco, xestora de proxectos e xefa de formación en SEO e Marketing. Para Xoán Costa a aposta polo papel favorecerá a edición en internet. “Sempre dixemos que o diario en papel era un instrumento para reforzar o noso diario dixital”.

SEO en Nós Diario

“Nós como empresa temos o obxectivo de contar cun persoal ben formado nas tecnoloxías coas que imos competir cos demais”, sinala Costa, “e unha delas é que a nosa información acade boa posición nos motores de procura e nas redes sociais”.

O presidente do consello de administración afirma que haberá máis cursos non vindeiros meses. “Queremos acadar a excelencia lingüística e por este motivo tamén lle dedicaremos nos vindeiros meses tempo a este tema”.

Aínda que se lograron as 3.000 subscricións -cifra mínima contemplada para garantir a estabilidade financeira do medio medio en todo 2020- Sermos Galiza S.A. mantén aberta a campaña. Podes facerte asinante de Nós Diario por menos de 70 céntimos ao día.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/redaccion-nos-diario-formase-seo/20191108171043086567.html


© 2019 Sermos Galiza