Imprimir

Relator da ONU visitará Galiza para avaliar a situación da comunidade galegofalante

Redacción | 14 de xaneiro de 2019

Fernand de Varennes
Fernand de Varennes

Fernand de Varennes estará no Estado español do 14 ao 25 de xaneiro para recompilar información de primeira man sobre cuestións como as linguas minoritarias.

O relator especial da ONU sobre cuestións das minorías, Fernand de Varennes, está no Estado español desde esta segunda feira até o 25 de xaneiro para obter información directa e sobre o terreo da situación de minorías como as lingüísticas, para alén de identificar boas prácticas e onde poder acometer melloras.

 

Ao longo destes 12 días, Varennes visitará Galiza e outros territorios, como Euskadi, Catalunya ou Andalucía. Alí manterá reunións con altos funcionarios, representantes da sociedade civil.
 

A visita analizará as políticas existentes para a protección e promoción dos dereitos de persoas pertencentes a minorías nacionais, lingüísticas, relixiosas e étnicas. Avaliará cuestións como o acceso a educación de calidade, a educación en linguas minorizadas ou os problemas de inclusión e a loita contra os discursos de odio, entre outras.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/relator-da-onu-visitara-galiza-avaliar-situacion-das-persoas-galegofalantes/20190114095051075211.html


© 2019 Sermos Galiza