Imprimir

Rosa Aneiros gaña o 'Fernández Paz' de narrativa xuvenil pola igualdade

Redacción | 28 de Outubro de 2018

Rosa Aneiros (AELG)
Rosa Aneiros (AELG)

Rosa Aneiros (Meirás, 1976) é a gañadora da segunda edición do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais.


A obra presentouse baixo o seudónimo de 'Khoedi'. Unha vez aberta a plica esta correspondía a Rosa Aneiros. Na plica, a autora manifesta que o título definitivo é: “Tres bichiconas, dúas illas e unha serea”.

 

O xurado considera que esta novela infantil expresa a capacidade das crianzas para intervir en problemas sociais como a crise das persoas refuxiadas, utilizando a empatía e a comunicación interxeneracional como motores de transformación das vidas e da sociedade.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/rosa-aneiros-gana-fernandez-paz-narrativa-xuvenil-pola-igualdade/20181028105120073209.html


© 2019 Sermos Galiza