Imprimir

A ‘semente’ de Monforte frutifica en tres proxectos

A.V. | 17 de marzo de 2015

Imaxe: Semente
Imaxe: Semente

Unha web de compra de madeira, unha asesoría de agricultora ecolóxica e unha app de lecer para crianzas foron os escollidos pola iniciativa xurdida do premio de lotaría que tocou nesa vila.

 

O 6 de xaneiro de 2014 o premio gordo da Lotaría caía en Monforte, por volta duns 120 millóns de euros que tocaron moi repartidos entre a veciñanza. Un ‘maná’ de euros do que xurdiu, entre outras experiencias e iniciativas, o proxecto dunha fundación con carácter solidario. Aí nacía ‘Semente’ de Monforte, responsábel de diferentes accións, cvomo recadar 6.800 euros para produtos de primeira necesidade. Ou como a que vén de callar nestes días, coa entrega de premios no concurso de proxectos empresariais.

Co apoio de 16 institucións e entidades, este concurso pretende axudar a poñer en marcha proxectos empresariais. Uns 80 presentáronse ao concurso, dos que -após unha primeira peneira- ficaron 10 que o xurado entendía que eran os máis novidosos, interesantes e viábeis. E, entre eles, escolleron os 10 tres gañadores.

O primeiro premio recaeu en ‘e-monte’, unha web de compra de madeira. 10.000 euros para unha iniciativa que aposta en poñer en contacto a propietarios e compradores. Unha asesoría de agricultura ecolóxica (‘Weed Control’) levou o segundo premio, dotado con 6.000 euros. E unha app para móbiles e ‘tablets’ co seu ‘target’ nos máis novos da casa foi a seleccionada para o terceiro premio, 4.000 euros. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/semente-monforte-frutifica-proxectos/20150317180415035874.html


© 2019 Sermos Galiza