Imprimir

#Sermos325: A conexión galega de Villarejo

Redacción | 04 de Decembro de 2018

As gravacións do comisario da Policía José Manuel Villarejo batuxan tamén o imperio galego Inditex, un tema do que informamos neste número. Entrevistamos Marcel Mauri, de Òmnium, e Remei Sipi, escritora, editora e activista feminista de Guiné; falamos de Galiza perante a reforma constitucional… Todo isto e máis, xa na nosa loxa.

As gravacións do comisario xubilado da Policía José Manuel Villarejo batuxan tamén o imperio galego Inditex. Veñen de coñecerse os audios dunha conversa entre el e un dos seus colaboradores na que se fala de se había “trapos suxos” que utilizar contra Pablo Isla, recentemente nomeado, en 2005, conselleiro delegado da multinacional. Ao parecer, “alguén de Zara” se interesara por esta posibilidade. ‘O “clan Villarejo” tamén se interesou por Inditex’.

 

"Aínda non temos interiorizado que o mundo é diverso". Entrevistamos Remei Sipi, escritora, editora e activista feminista (Rebola, Guinea Ecuatorial, 1952). Acaba de estar na Galiza para debater sobre feminismo, migración e a experiencia das mulleres africanas.

sg325

‘Un pazo do Alto Minho para enxergar: A Breijoeira’. O arquéologo e museólogo Felipe-Senén escribe nunha nova entrega de “Eira das mouras” a historia silenciada do Palácio da Breijoeira (Monçao), unha xoia do patrimonio nacional de Portugal.

 

En Marea precipítase sobre o abismo após a fin de semana máis treboenta da historia da confluencia. O confronto político, encarnizado, entre as dúas correntes da organización deveu nun conflito burocrático, con dous órganos a se negaren mutuamente lexitimidade para gobernar as primarias. As eleccións internas foron paralizadas porque o aparato villarista sospeita que persoas do sector crítico puideron manipular o censo . ‘As primarias esgazan En Marea’.

 

‘Galiza aposta nunha reforma da constitución’. Naceu do franquismo. Foi unha mudanza lampedusiana ao ditado das esixencias do capitalismo internacional e das súas sucursais españolas para fechar calquera posibilidade de ruptura co réxime anterior. Sometido a referendo do corpo electoral o 6 de decembro de 1978, mais ratificada de facto o 23 de febreiro de 1981 vive horas baixas. A maioría da sociedade galega aposta na reforma do texto constitucional.

 

Entrevistamos Marcel Mauri (Badalona, 1977), a cara visíbel de Òmnium Cultural –entidade que suma máis de 130.000 socias e socios– desde o encarceramento de Jordi Cuixart. “As urnas son sempre a resposta que defendemos”.

 

Pasou á historia a hexemonía de catro décadas do PSOE en Andalucía e tamén pasou a mellor vida a idea de que naquela comunidade non se podía progresar cun discurso contrario ao autogoberno. Vox é un sismo de consecuencias imprevisíbeis. Todo está agora mesmo en cuestión. ‘O españolismo radicalízase en Andalucía’.

Sen titulo

Unha gran cidade deportiva con oito campos de fútbol, miniestadio, zonas de tecnificación, spa, estudo de televisión... e un megacentro comercial de 120.000 metros cadrados. O proxecto de cidade deportiva e comercial do Celta para Mos xerou desde o minuto 1 adhesións (Concello e Xunta) e tamén interrogantes, dúbidas e rexeitamento (comunidades de montes e augas ou tecido comercial). ‘O gol da especulación viste de celeste’

 

A concentración financeira atinxe na Galiza niveis insólitos en Europa: 90% do mercado galego repartido entre 5 entidades. ‘O pastel do negocio bancario’.

 

Num ano insólito sem prémio Nobel, cumprem-se os vinte anos de Jose Saramago a ganhar o maior galardão da Literatura, o único escritor de língua portuguesa com esta distinção. ‘José Saramago, cartografia de um nobel’.

 

E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, María Pilar garcía Negro, Nachortas e Tokio, Xavier Queipo, Mercedes Espiño, Colectivo Xea, Mario Regueira, Andrés Castro, Francisco castro, Miriam Ferradáns.

 

 

Sermos Adega: Barreiros, ilegalidade urbanística e impacto ambiental a xuízo

adega

Despois de 5 días de xuízo e de 11 anos de espera, quedaba visto para sentenza o xuízo penal por delito de prevaricación urbanística contra o alcalde, a Comisión de Goberno e a arquitecta municipal do Concello de Barreiros. Como acusación particular, Adega entende que de non haber condena, estaríase dando lugar a un mal precedente penal que implicaría a inutilidade de toda a lexislación urbanística e un inaceptábel agravio comparativo, con aqueles concellos e cunha maioría da cidadanía que si cumpren. Xuízo e sentenza teñen un significado acrecentado por chegaren nun momento en que a sociedade, a todos os niveis, intensifica a busca da sustentabilidade e a loita contra a degradación ambiental

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/sermos325-conexion-galega-villarejo/20181204184952074334.html


© 2018 Sermos Galiza