Imprimir

Sés ultima un disco de versións

Daniel Salgado | 22 de xaneiro de 2019

Sés en concerto. Foto: cedida.
Sés en concerto. Foto: cedida.

O sexto disco de Sés será de versións. A cantautora ultima un traballo que estará na rúa arredor do vindeiro mes de marzo.
 

A anterior gravación de Sés, nome de guerra de María Xosé Silvar (A Coruña, 1982), foi Readmirando a condición (2017), unha reconstrución do seu debut de 2011, Admirando a condición, en que ela mesma exercía de produtora musical e executiva. Incluíu unha canción inédita.  

 

A nova obra, conformada por lecturas de temas alleos, pasará a facer parte dunha discografía que completan Co xenio destrozado (2013), Tronzar os valos (2015) e Opoñerse á extinción (2016).

 

O particular universo musical de Sés, en que se cruzan blues e soul con aires latinos, música galega de raíz e canción de autora implicada, converteuna nunha das artistas de maior relevo e éxito comercial de Galiza. Algún dos seus discos chegou a vender a elevadísima cifra de máis de 5.000 unidades. O seus concertos son multitudinarios.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/ses-ultima-disco-versions/20190122112108075389.html


© 2019 Sermos Galiza