Imprimir

"O seu lazo, señor presidente", o vídeo do BNG para o 8M

X.M. | 01 de marzo de 2019

Feixoo hipócrita. Loce o lazo lila mais logo acompaña, ou non condena, as afirmacións machistas de Pablo Casado. Esa é a liña forza do argumentario do BNG cara este 8M, todo un desafío para o movimento feminista galego após o grande suceso de mobilización do ano pasado.

 

Feixoo como servidor das clases altas. É a outra idea que permea o vídeo do BNG para esta campaña. É un mordomo, e non el, quen pasa o ferro ao lazo lila, servido en bandexa ao presidente da Xunta.

 

"Queremos desenmascarar aos machos alfa das dereita, cómplices das violencias machistas que sufrimos as mulleres. Esta campaña é unha crítica aos gobernos e á hipocrisía política. O #8M non consiste en poñerse un lazo lila", explicou Ana Pontón na conferencia de imprensa de apresentación desta campaña.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/seu-lazo-senor-presidente-video-do-bng-8m/20190301124549076628.html


© 2019 Sermos Galiza