Imprimir

O Sorriso de Daniel reivindica a Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

Redacción | 13 de Decembro de 2015

[Imaxe: Soledad Felloza] San Miguel do Monte
[Imaxe: Soledad Felloza] San Miguel do Monte

O colectivo do patrimonio O Sorriso de Daniel presentou este domingo o calendario románico para o 2015, un almanaque coas fotografías de Soledad Felloza, que reuniu igrexas románicas dos concellos de Taboada e Chantada.

Máis un ano, O Sorriso de Daniel publica un novo calendario con fotografías de Soledad Felloza. Nesta ocasión reúne unha manchea de imaxes das igrexas románicas dos concellos de Taboada e Chantada. A través do calendario, a entidade quere reivindicar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

O roteiro que percorreu as igrexas de Santa María de Pesqueiras e San Salvador de Asma en Chantada e a de Santa María de Castelo en Taboada serviron, amais de para presentar o calendario, para homenaxear Xaime Delgado Gómez, finado hai dous anos e autor dunha extensa obra sobre o románico de Lugo.

En comunicado de prensa, O Sorriso de Daniel apunta que reivindicou desde Taboada a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade porque “a falta de información oficial verificada recentemente, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra colgou na súa web un mapa do grupo de traballo que está a redactar a candidatura e excluiría a práctica totalidade das igrexas románicas de Chantada e todas as de Taboada”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/arte-imaxe-patrimonio/sorriso-daniel-reivindica-ribeira-sacra-patrimonio-da-humanidade/20151213134737043241.html


© 2019 Sermos Galiza