Imprimir

Subvencións de prevención de loita contra os lumes: pura propaganda

Xosé Alfredo Pereira Martínez | Veciño comuneiro

Sermos Galiza | 07 de agosto de 2019

No Diario Oficial de Galiza de 22 de Xaneiro de 2019 ,a Conselleria do Medio Rural , publica a orde pola que se establecian as bases reguladoras para a concesión de subvencions para prevención dos danos causados por incendios en montes veciñais en man común.Liñas de axudas cofinanciadas co Fondo Europeu Agrícola de Desenvolvemento Rural .No mesmo Diario Oficial de Galiza ,estableciase un prazo de un mes para que se solicitasen as axudas. É dicer que , dende o 23 de Febreiro de 2019 ,a Conselleria do Medio Rural ,tiña tempo para facer o seu traballo e sacar a lista das axudas concedidas .

Fixo tal traballo a Conselleria do Medio Rural? .En absoluto .Tardou 4 meses e 22 dias en sacar a lista das axudas concedidas .Foi no Diario Oficial de Galza do 15 de Xullo de 2019. Fica claro que a ineptitude da Conselleria do Medio Rural é de matrícula .Pero é que ainda hai mais .No mesmo diario indícase que os beneficiarios teñen un prazo de 10 dias para enviar un documento coas actuacións que se pretenden levar adiante ,e os traballos obxeto das axudas non se poden comenzar até que a Conselleria do Medio Rural os informe favorabelmente .Supoñendo (que é moito supoñer) que estes informes os emita a Conselleria do Medio Rural en 15 dias ,estamos ,no mellor dos casos, en que non se poderán empezar a facer os traballos de prevención de loita contra os lumes até mediados do mes de Agosto .

Pode alguén pensar que os meses de Agosto ,Setembro e Outubro son os meses acaidos para levar adiante os traballos de prevención dos lumes ?.Semella lóxico que os traballos de prevención se fixeran antes de comenzo dos meses do verán senón, lamentabelmente, os traballos necesarios de prevención faráo o lume .Pois parece que a Conselleria do Medio Rural, indo na dirección contraria a toda lóxica ,si o pensa .Pensa que a mellor época de facer os traballos de prevención dos lumes é unha vez pasado o verán

Con estes datos na mán fica claro que as campañas de prevención dos lumes forestais ,para a Conselleria do Medio Rural son un acto de pura proganda xa que tal e como están concebidas ,non poden ser efectivas .Ou se cadra é ainda algo peor; unha forma de xustificar cartos de Unión Europea ,destinados a prevención dos lumes , cando se sabe que tal e como están formuladas en Galiza ,non poden cumprir os obxetivos para os que están destinados : a prevención dos lumes .

As axudas para a prevención dos lumes ,para que sexan efectivas ,teñen que darse en tempo e forma .Esta é unha das reivindicacions da campaña que están levando adiante diversas entidades que viven ,traballan ou xestionan no medio rural .Campaña que leva por reclamo “Por un monte galego con futuro” e que rematará no vindeiro mes de Outubro con unha manifestación .

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/xose-alfredo-pereira-martinez/subvencions/20190730111601082596.html


© 2019 Sermos Galiza