Imprimir

Traballadores de Alcoa levan as súas mobilizacións ao pé da Torre de Hércules

Redacción | 10 de novembro de 2018

Un momento da mobilización
Un momento da mobilización

Co lema de "Peche Non", centos de persoas reuníronse por volta da Torre de Hércules para lanzar a mensaxe de que non pensan desfalecer na súa mobilización contra o fechamento da factoría.

Os traballadores de Alcoa A Coruña son plenamente conscientes de que sen mobilización os seus postos de traballo están condenados.

 

Portavoces do cadro de persoal indicaron que ven con bos ollos a fronte institucional escenificada en Madrid, mais enfatizan que a condición que se debe pór á Alcoa á hora de lle inxectar incentivos públicos na súa condición de empresa electrointensiva [grande consumidora de enerxía eléctricva] é o mantimento dos postos de traballo actuais.

 

"Isto é a guerra/Alcoa non se pecha" e "Peche non" foron algúns dos cánticos que se entoaron na contorna da Torre de Hércules por parte dos traballadores da factoría, a compor unha imaxe, cartaces e faro como pano de fondo, de grande potencia iconográfica.

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/traballadores-alcoa-levan-suas-mobilizacions-ao-pe-da-torre-hercules/20181110122834073578.html


© 2019 Sermos Galiza