Imprimir

Vero Boquete dará nome ao compostelán estadio de San Lázaro

Redacción | 08 de novembro de 2018

A futbolista Vero Boquete
A futbolista Vero Boquete

O Concello de Santiago anunciou en rolda de prensa que o estadio municipal de San Lázaro pasará a levar o nome da futbolista galega Verónica Boquete.

A deportista, nada en Compostela, é xogadora da Superliga chinesa, capitá da selección española de fútbol e embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino. Está mañá agradecía no seu Twitter a decisión do Concello, para ela o maior recoñecemento posíbel.

 

 

A decisión foi tomada antes de verán polos catro grupos do organismo municipal. Buscan homenaxear a súa traxectoria internacional e apostar polo deporte feminino.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/vero-boquete-dara-nome-ao-compostelan-estadio-san-lazaro/20181108114729073511.html


© 2019 Sermos Galiza