Imprimir

Por vez primeira Galiza aparece no título dunha investigación de "Nature"

Redacción | 12 de Abril de 2019

[Imaxe: USC]
[Imaxe: USC]

“Urbanity and the dynamics of language shift in Galicia” é o artigo que leva por vez primeira o nome da nación ao título dun artigo de investigación das revistas Nature ou Nature Communications. Jorge Mira é un dos seus autores.

Por vez primeira, Galiza aparece nun título dun artigo de investigación das revistas Nature ou Nature Communications grazas ao traballo “Urbanity and the dynamics of language shift in Galicia”, do que é coautor Jorge Mira, do departamento de Física Aplicada e da agrupación AeMAT da USC.

 

Polo que respecta á revista Science e á súa cabeceira en acceso aberto Science Advances, informa a USC, a denominación ‘Galicia’ figura nunha ocasión, en 1884, nunha descrición xeolóxica de Asturias e Galiza.

 

O artigo, que tamén asinan Mariamo Mussa e Alberto Pérez Muñuzuri, da área de Física da Materia Condensada e da agrupación estratéxica CRETUS da USC; Luís F. Seoane, da Universitat Pompeu Fabra e do IFISC-CSIC de Mallorca, conclúe que os espazos urbanos galegos preservan mellor que os rurais o equilibrio no número de falantes de dúas linguas.

 

Os catro físicos, que desvelan que a complexidade urbana pode manter a diversidade fronte á globalización, analizaron a velocidade coa que varía o número de persoas falantes de galego e castelán na Galiza desde hai case un século, de aí os resultados.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/vez-primeira-galiza-aparece-titulo-dunha-investigacion-nature/20190412122838078072.html


© 2019 Sermos Galiza