Imprimir

Xoán Hermida súmase ao proxecto de Errejón

Xacobe Ferreiro | 10 de outubro de 2019

Xoán Hermida con Errejón [Cedida]
Xoán Hermida con Errejón [Cedida]

Xoán Hermida, dirixente da Marea de Pontevedra e unha das referencias da formación a nivel nacional, anunciou, a través das súas redes sociais, a participación nas primarias de Máis País para escoller os candidatos desta formación pola circunscrición de Pontevedra.

 “Veño de votar nas primarias de MP. Agora trátase de que a xanela de oportunidade aberta no 15M non se peche definitivamente. Despois veremos se podemos construír unha casa propia tras anos de terra queimada”, sinala Xoán Hermida no seu Facebook.

Hermida era unha das persoas máis próximas a Luís Villares nos últimos tempos. Situado a carón do portavoz de En Marea, durante os conflitos que o enfrontaron ao sector ligado a Anova, Podemos e Esquerda Unida, significou algúns dos choques de máis relevo, concretamente, enfrontándose a Paula Quinteiro e solicitando a súa dimisión e, posteriormente, renunciando a ocupar unha acta no Parlamento galego, tras facerse público un incidente coa policía local de Pontevedra.

As fontes consultadas por Sermos Galiza non dubidan en sinalar, que “a man de Hermida estaba detrás da viraxe ideolóxica aprobada por En Marea no seu último plenario, coincidindo o relatorio aprobado na asemblea coas posicións enunciadas con el con anterioridade”. “O proxecto ideolóxico e político acordado, no pasado mes de xullo no plenario celebrado na Facultade de Económicas da Compostela, leva súa pegada”, afirman estas fontes.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/xoan-hermida-sumase-ao-proxecto-errejon/20191010124754085059.html


© 2019 Sermos Galiza