Imprimir

O forno romano da Mariña onde a Xunta negaba que existise cerámica romana

A.V. | 18 de outubro de 2016

Forno romano de Esteiro
Forno romano de Esteiro

Centos de fragmentos cerámicos foron rescatados no transcurso dos traballos.

Os temporais de marzo de 2014 afectaron gravemente o xacemento arqueolóxico do forno romano de Esteiro, nas Catedrais (A Mariña), ameazando mesmo coa súa desaparición. Foi entón cando varios colectivos, como Mariña Patrimonio ou Adega, demandaron unha “urxente intervención encamiñada a recoller os centos de fragmentos cerámicos dos dolium así como a documentar as estruturas do xacemento”. Despois de terlle comunicado ao Servizo de Patrimonio de Lugo a situación na que se atopaba o forno de Esteiro, e tras solicitarlle a recollida dos numerosos restos de cerámica, na súa resposta por escrito informaba textualmente: “Os técnicos deste Servizo fixeron unha inspección do xacemento o día 11.03.2014 e non atoparon indicios de materiais arqueolóxicos mobles”.

[email protected]'olita [email protected] levou a 8 colectivos, os mencionados Mariña Patrimonio e Adega, así como Cultura do País, Os Espigueiros, Agrupación cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira e a Irmandade de Santo Estevo; decidiron promover voluntariamente a “necesaria intervención arqueolóxica”. Contactaton cun grupo de arqueólogos que elaboraron un proxecto de escavación. “Porén, unha vez máis, alguén desde Patrimonio decidiu boicotear unha acaída solución para o xacemento de Esteiro ao poñer como condición sine qua non a construción dun dique que protexese o xacemento das crecidas do mar”.

O dique

O elevado custe que supoñía a construción do dique obrigounos a renunciar á mencionada escavación. “Curiosamente, esta infraestrutura non foi necesaria para a escavación executada recentemente pola Xunta”, indican.

Embora todo isto, os colectivos queren parabenizar a Dirección Xeral de Patrimonio por recosniderar a situación e asumir a intervención arqueolóxica que achegou novos datos do xacemento, “permitindo documentar as estruturas do forno e conseguindo rescatar centos de fragmentos cerámicos cuxa existencia, nun principio, negaba o Servizo de Patrimonio de Lugo”.


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/xunta-actua-finalmente-no-forno-romano-esteiro-onde-negaba-existise-material-arqueoloxico/20161018115648052042.html


© 2019 Sermos Galiza