Imprimir

A xustiza fixa unha indemnización de 1.573 millóns de euros para o Estado polos danos do Prestige

Redacción | 15 de Novembro de 2017

[Imaxe: Stéphane M. Grueso] Chapapote do Prestige nunha praia galega
[Imaxe: Stéphane M. Grueso] Chapapote do Prestige nunha praia galega

A Audiencia provincial da Coruña acorda o pagamento de 1.8 millóns á Xunta polo custo da reciclaxe de fuel.

A Audiencia Provincial da Coruña fixa unha indemnización para o Estado de 1.573 millóns de euros polos patrimoniais, materiais e morais do Prestige. Así se establece no acto de execución notificado esta cuarta feira da sentenza do caso Prestige ditada en xaneiro do ano pasado polo Supremo.

 

Estas cantidades teñen que ser pagadas polas partes condenadas, é dicir, por Apostolos Mangouras  (capitán do buque) e a compañía aseguradora The London Steamship Owners Mutual Insurance Association, no mínimo até o límite  d un billón de dólares estadounidenses.

 

Subsidiariamente, condénase a facer fronte ao pagamento destas cantidades a  propietaria do buque, Mare Shipping INC, mentres que o Fondo Internacional de Indemnización de Danos por Contaminación por Hidrocarburos (FIDAC) está obrigado a indemnizar até os límites expresamente establecidos no convenio aplicábel.

 

Así, correspóndelle ao Estado español 1.573 millóns de euros, á Xunta de Galiza 1,8 millones ea Francia 61 millóns,  ademais das  sumas que se fixan para outras entidades, concellos e particulares.

 

Deses 1.573 millóns de euros, 931 millóns son de dano patrimonial, cantidade á que engadir 30% por dano ambiental (279 millóns) e outro 30% por dano moral indemnizábel.

 

En relación aos 1,8 millóns que se adxudican á Xunta, refírense en exclusivamente ao custo de reciclaxe de elementos contaminantes depositados na Sociedade Galega de Refugallos Industriais. Cómpre lembrar que a Xunta subscribiu un acordo co Estado no que renunciaba a toda indemnización polos danos xerados polo Prestige. Refírese ao acordo transaccional de xullo de 2005 polo importe de 513 millóns de euros.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/xustiza-fixa-indemnizacion-1573-millons-euros-estado-polos-danos-do-prestige/20171115135644063352.html


© 2019 Sermos Galiza