Opinión

Luís Bará

Pontevedra

Vivimos nunha sociedade que santifica o vehículo privado, convertido en símbolo de liberdade, autonomía persoal e éxito social. Un poderoso lobby empresarial presiona para condicionar as políticas públicas, destinando grandes sumas de diñeiro a campañas de marketing e propaganda. E a tecnoloxía convértese en pretexto para amábeis mutacións: o vehículo automático, o híbrido, o eléctrico...

Olga Brañas

O medo que dá non ter medo: o que pasou dende que deixei de depilarme as axilas

Fai máis ou menos un ano que non me volvín depilar as axilas: o cliché feminista cúmprese en min, e a moita honra.   Hai moitos anos, cando unha amiga me explicou en que consistía o feminismo, comecei a investigar. E lin, e lin máis, e lin moito máis, e sigo lendo. Comprendín que aquelas mulleres vían cousas que eu non vía, porque leran e reflexionaran moito máis.  ...

María do Carme García Negro

Para M. X. Queizán

Logo de ler a túa aportación publicada en Sermos… , sentín necesidade de facer un escrito coas miñas coitas froito de pensamentos igual de interesantes que os teus, aínda que ben diverxentes. Ao remate da miña leitura conclúo que te decantas por abominar de todas as bandeiras. Como é de deducir, considero esta eleición perfeitamente lexítima. Faltaría máis. Unha ama e odia o que...

Carlos Alberto Sánchez

Riazor faise valer

Cambiou o Dépor. Mellorou. Gustou. Non só foi unha cuestión de resultado, a segunda na casa no que vai de campionato. Dúas vitorias de dous partidos xogados en Riazor. Que dure. Foi tamén a sensación de que o partido non correu risco, onde o dominio, globalmente, foi do cadro branco e azul.    Dos dous partidos disputados na Coruña hai un elemento común. Spórting e Granada...

Manuel Mera

Siria como parte do conflito global

O derribo dun avión ruso, pouco antes de aterrar, cando se estaba aproximando ao territorio sirio, marca un antes e un despois neste conflito. O suceso debeuse a que as baterías do exército de Assad contestaron o ataque de catro cazas israelís que disparaban mísiles contra Latakia, utilizando ao avión ruso como paraugas “ocasional”, causando este tráxico resultado. O alto mando ruso culpa...

María Pilar García Negro

Bandeiras

En artigo recente neste mesmo dixital , María Xosé Queizán realiza un exercicio de bandeirofobia que acompaña doutras consideracións directamente políticas que pasarei a comentar. Na realidade, o artigo reincide na vella tese da incompatibilidade de feminismo e nacionalismo galego. De que exista esta incompatibilidade entre aquel e o españolismo non se fala, polo que se pode inferir que o...

Xoán Antón Pérez Lema

Abusos do centralismo español

A perspectiva de País é a visión transversal que permite a diagnose e busca de solucións dos principais problemas sociais e económicos galegos. Nós sofrimos un problema común ao resto do Estado de enerxía cara por mor dunha estrutura tarifaria que mira polos intereses das grandes distribuidoras no canto dos propios dos consumidores e empresas usuarias. Mais este problema agrávase...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Os nenos no mundo actual (19)

Leo nun Informe feito público este mesmo ano pola organización Save the Children que máis da metade dos nenos do mundo está en risco de pobreza, guerra ou discriminación, e en risco extremodestas tres lacras e ameazas cóntanse 153 millóns de nenos e nenas en todo o planeta. No Informe constátase que a pobreza infantil está concentrada nas áreas rurais (81%), sendo a África Subsahariana e o sur...

Lois Alcayde

Ruxerruxe

Este xoves o diario El País  reuniu dous corpos que rexiron o executivo español nunha suma total de 22 anos. Os 14 anos de Felipe González e os 8 de Aznar peiteáronse mutuamente as canas do socialista e a melena ríxida do ex-líder popular, uns acicalados suaves, con algún chiste e sorriso recííproco, dous eternos inimigos que despois do xogo parlamentario e os cruces dialécticos...

Celso Álvarez Cáccamo

A República vai vencer

O desenvolvimento do processo político catalão contém uma caraterística central, nos discursos e nas práticas, que aponta para uma dada resolução futura. A caraterística é a sua ampliação, o alargamento progressivo tanto da sua base discursiva quanto, correlativamente, da sua base social, e do seu âmbito de relevância. E a resolução futura pode ser a consecução da República em, polo menos,...

Manuel Monge

Calvo Sotelo e a simboloxía franquista na Coruña

O 27 de decembro vanse facer once anos da aprobación da Lei 52/2007, coñecida como Lei de Memoria Histórica . O artigo 15 desa lei sinala: “As Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación...

Xoán Carlos Domínguez Alberte

Pla Zubiri rescatado

  O profesor Emilio Xosé Ínsua responsabilízase dun rigoroso e documentado traballo titulado  O escritor viveirense Xoán Pla Zubiri (1874-1936) . Distribuído en senllos extensos volumes, o primeiro está dedicado á “Traxectoria biográfica e contextualización da súa obra”, mentres que o segundo compila toda a súa “Obra literaria reunida”.   É autor encadrábel na...

Mª Xosé Queizán

Vexiloxía

De vexillum , bandeira en latín: ciencia de estudo das bandeiras. Aprendín de nena a rexeitalas. Vivín nun réxime fascista desde o nacemento e tanto a miña familia materna como paterna eran de ideoloxía republicana, de modo que non tiven contacto coa Falanxe nin cantei o Caraelsol. Aínda que non me adoutrinaran politicamente, escoitaba comentarios e sabía que vivíamos unha vixilancia...

Iolanda Teixeiro Rey

As corvetas, o 'galán' de noite e os camelos saudís

Hoxe imos falar dunha planta perfecta para o horto sindical. Trátase do cestrum nocturnum , máis coñecido como Galán de noite , un arbustre axeitado para ter en macetas a carón dos fogares por mor do seu forte recendo nouturno que, malia o engado, ceiba un alcaloide tóxico mentres os traballadores durmimos. Abónase cunha liberación lenta onde radica parte do trapelo e preséntase en racimos...

Marcos Abalde

O primeiro dia de escola

Chama-se Brais. Tem três anos. Hoje começa a escola. Vai ao CEIP do Corgo. Brais fala galego. O Corgo é um município gadeiro de 3.523 habitantes. A mestra organiza umha reuniom com as famílias. Explica que vai ensinar a ler e escrever em castelhano porque eles falam "galego dialetal". A mestra leva trinta anos transmitindo preconceitos contra o galego. Passárom muitas crianças polas suas maos....

Victorino Pérez Prieto

Un congreso sobre Prisciliano

Este mércores 19 de setembro comezou en Compostela un Congreso sobre Prisciliano organizado por un grupo de historiadores da USC. No dia do comezo vexo nun xornal galego unha reportaxe feita coa entrevista a dous dos seus organizadores ("Prisciliano más allá de la leyenda”). As súas primeiras afirmacións parecen referidas ao que eu teño dito e escrito repetidamente sobre este “mártir da...

Luís Bará

O decoro e o decorado

Os dez anos que pasaron desde o comezo da grande recesión que principiou coa creba de Lehman Brothers foron un tempo de xigantescas mutacións no político, no económico e no social. O xigantesco tsunami ideolóxico que debaratou dereitos e liberdades, centralizou a toma de decisións e concentrou moito máis a riqueza foi posíbel porque houbo un acordo tácito entre as forzas conservadoras e a...

María Sabarís

O verbo perder conxúgase ben

O Celta levou en Montilivi a primeira derrota da tempada despois de catro xornadas. Pero puido empatar nos minutos finais. E iso é o positivo desta derrota, a diferenza de moitas outras vividas nos meses preferentes. O 3-2 estivo a piques de converterse en 3-3, pero faltou a efectividade e a solidez que o equipo viña amosando nas xornadas precedentes.   Non é unha vitoria...

Manuel Mera

Cantos somos realmente os galegos e galegas?

Chama a atención como os medios de comunicación e, o máis grave, ás veces a propia Xunta de Galiza e os partidos políticos, xogan coa cifra do número de galegos e galegas residentes no País ou que viven na emigración, dando datos e facendo interpretacións que pouco teñen que ver coa realidade. Semella que a caída da natalidade, como consecuencia da subordinación política e económica, e o...

Carlos Alberto Sánchez

Á procura dun compás

A primeira derrota en Liga do Dépor chegou en Alcorcón despois de perder e quedar eliminado na Copa co Zaragoza. Centrándonos só no de Liga, onde se xoga o obxectivo real da temporada, abríronse as dúbidas sobre o equipo. Porque en Madrid, o equipo coruñés recibiu un baño. Curiosamente, un baño dirixido polo ex adestrador do Dépor, Cristobal Parralo , que, cando estaba no primeiro equipo...

Xulio Ríos

85

Castelao explica no Sempre en Galiza que somos unha nacionalidade “e como tal foi recoñecida en Berna polo IX Congreso das Minorías Nacionais Europeas, adscrito á Sociedade das Nacións”. Naquela altura, en 1933, Plácido Castro , representante galego no conclave do Hotel Savoy, sinalaba a transcendencia do feito dende as páxinas de El Pueblo Gallego nunha serie de tres artigos: “Calquera...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: A Europa fascista que vén (18)

Non ten pelos na lingua o escritor e filósofo holandés Rob Riemen cando afirma que o fascismo está aquí e agora en forma de cultivo político ben determinado, amasando os peores sentimentos irracionais: o rancor, o odio, a xenofobia, o desexo de poder e, como non, o medo. E eu engadiría tamén, como parte fundamental desa realidade, xa non sentimental: a ignorancia. Riemen, que é o director do...

Xesús Veiga

Lehman Brothers: o comezo do pesadelo

O 15 de Setembro de 2008, Lehman Brothers — unha emblemática empresa financeira creada na metade do século XIX— desaparecía formalmente, afundida pola crise que comezara un ano antes no interior do universo económico dos USA.   Dez anos despois daquela treboada financeira constátanse diversos síntomas demostrativos da persistencia de fondos desequilibrios económicos e non se...

Vítor Vaqueiro

Pessimismo e língua

Tenho um amigo, que apreço sinceramente pola sua bondade e pola sua entrega, —concretizada em décadas— na defensa do nosso país. Dado que vivemos em lugares distintos da Galiza, vemo-nos de figos a bêberas, notadamente em atos reivindicativos ou celebrações que têm a ver com a defensa assinalada. Ao nos encontrar pronuncio uma dessas frases rituais —como vão as cousas?— que empregamos para...

Luís Bará

Atraco na AP9

O expolio da AP9 é un exemplo de manual da extracción de recursos do país por parte de empresas transnacionais, que contan coa complicidade dos gobernos de turno no Estado e coa permisividade da Xunta de Galiza. Un xeito de proceder que se repite en sectores estratéxicos da nosa economía como o enerxético, o forestal ou o mineiro, nos que por certo a administración Feixóo aprobou nos últimos...

Manuel Veiga Taboada

O dilema de La Voz de Galicia

Hai poucos días, o colectivo que forma La Voz de Galicia celebrou un acto con motivo do 80 aniversario do seu editor. La Voz é un periódico ben implantado territorialmente. Hai algúns anos presumía de que nada sucede na nosa comunidade sen que un dos seus redactores se encontre, como máximo, a unha hora de distancia. Hoxe, coa mellora das comunicacións por estrada, tal vez ese tempo se...

Manuel Mera

Brasil, a opción menos mala

Se cadra o máis preocupante da situación electoral de moitos países sexa que a única opción posíbel para frear o avance da dereita ou da extrema dereita, é o triunfo do reformismo, incapaz de ofrecer un proxecto de distribución do traballo e da riqueza xusto, e que garanta a soberanía nacional e popular. Daquela que os avances sexan conxunturais, xa que non mudan a correlación de forzas e o...

Carlos Alberto Sánchez

O Dépor espreme o crono

Nunca foi tan sinxelo gañar un partido en Riazor como o que se lle puxo por diante ao Dépor co Sporting de Xixón. Iso si, non exento de algún que outro capítulo para remoer entre os dentes.   As estatísticas deixaron claro que os asturianos estiveron, como a súa afección, ausentes. Dimitiron de case todo, salvo de tratar de apañar un punto sen facer nada. Unha forma de xogar...

Xoán Antón Pérez Lema

A minoría supremacista

“Hablamos español” fracasou nas súas convocatorias de agosto, malia escoller datas de feiras en localidades con moitos turistas do resto do Estado: Sanxenxo, Baiona e Compostela. Mesmo entraron en conflito con elementos salientábeis do PPdeG, como o alcalde de Sanxenxo. De certo que a súa mensaxe ríspida, nin empática nin simpática, de brancos e negros, confronta de máis cos grises e...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Silencio sobre Portugal (17)

Fálase moi pouco, practicamente nada, sobre Portugal. Que a economía portuguesa medre hoxe por riba da media da Unión Europea non é noticia moi comentada. O paro no país veciño está na actualidade en niveis anteriores á crise, a taxa de emprego medra ben animada, os déficits orzamentarios están no mínimo atendendo ás catro últimas décadas e a balanza de pagos por conta corrente brilla con...

Ramón Muñiz

Onde soterrar a Franco

Un lugar digno e respectuoso , como as cunetas e os fondos dos rìos nos que xaceron asasinados en Galiza homes e mulleres de ben pola furia fascista desatada por unha guerra criminal dirixida por un indigno xeral chamado Francisco Franco que estableceu, na súa ilexítima sublevación e a súa vitoria contra un goberno lexitimamente constituído, un estado ditatorial totalmente irrespetuoso...

Diego Bernal

"Qual política lingüística? Desafios glotopolíticos contemporâneos" de Xoán Lagares

Há palavras que assustam. Com certeza, glotopolítica é um vocábulo que se nom der medo deve gerar certo afastamento ou rejeiçom em muitas pessoas. Porém, o termo glotopolítica é muito mais próximo de nós do que à partida pode parecer.   O uso feminino de vozes que originalmente careciam de expressom mórfica de género como presidenta ; a crítica de instituiçons autoritárias e...

Laura Novelle

Exhumar Franco e as mentiras do franquismo

“ Nunha guerra civil, é preferible una ocupación sistemática do territorio, acompañada por unha limpeza necesaria, a unha rápida derrota dos exércitos inimigos que deixe ao país infectado de adversarios” . Quen así falaba, en termos case cirúrxicos, era Francisco Franco . Nas últimas semanas atópase na palestra pública e mediática unha monumental obra que forma parte do Patrimonio do Estado...

Luís Bará

Populocalismo

O centralismo fixo moito mal ao noso país. Xa o deixou claro Celso Emilio : Nunca virá de fóra remedio ou esperanza . No goberno, na política, na cultura, na identidade, as visións centralistas asumen a idea de que Galiza non pode valerse por si mesma, de que non poderemos chegar a ser nada sen o subsidio, o paternalismo, a tutela de poderes alleos. Os partidos estatais e as súas filiais e...

María Sabarís

A nova actitude innegociable do Celta

Tres partidos poden ser moitos para sacar conclusións apresuradas pero deberían ser suficientes para adiviñar cara onde vira un equipo 'en construción'. A evolución evidente do Celta nestes primeiros encontros desemboca nunha análise necesaria do que si é o novo Celta. Un Celta no que a actitude e a entrega son, en verbas do adestrador  Antonio Mohamed , "innegociables". A mensaxe é clara...

Carlos Alberto Sánchez

A covardía deconstrúe o Dépor

Haberá quen vexa a botella medio chea após os tres primeiros partidos do Deportivo en Segunda. Pero o certo é que o vidro tamén se pode ver medio baleiro. E así, polo visto, é como analizo a situación. Por que? Suponse que o equipo que ten entre mans Natxo González é un grupo para liderar o campionato ou, cando menos, debe aspirar a ser un dos líderes da categoría. Unha suposición que...

Xoán Antón Pérez Lema

Atilia en Galicia

É evidente que o réxime franquista foi ilexítimo, en canto que naceu dunha rebelión militar contra o lexítimo Goberno da República. Esta orixe determina o seu carácter de réxime de facto, privado da lexitimidade do Dereito. Velaí a case unánime censura internacional de 1946 (vetando o acceso do réxime á ONU e os seus organismos sectoriais), logo atenuada pola guerra fría.   Peor...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Urbano Feijóo e os escravos galegos (16)

De Urbano Feijóo de Sotomayor sábese que, nacido en Viana do Bolo —onde posuía casa patrucial—, finou na mesma vila en 1898, o mesmo ano no que viñan ao mundo Carré Alvarellos, Valentín Paz-Andrade e Federico García Lorca . Ademais de militar, empresario e comerciante, o tal Feijóo foi tamén deputado no Congreso por Ourense en 1854, por Verín en 1872 e polo distrito de Matanzas (Cuba) en...
x