Comezaron o inefabel PSOE e o PP modificando a Constitución Española para garantir a prioridade absoluta do pago da débeda frente a calquera outro gasto. O artigo 135 da Constitución como xendarme da prevalencia do sistema financeiro sobre os dereitos sociais da cidadanía.

Comezaron o inefabel PSOE e o PP modificando a Constitución Española para garantir a prioridade absoluta do pago da débeda frente a calquera outro gasto. O artigo 135 da Constitución como xendarme da prevalencia do sistema financeiro sobre os dereitos sociais da cidadanía.

"Os principais piares do Estado de Benestar, educación, sanidade, servizos sociais, pensións e prestacións por paro, cambian radicalmente de fasquía en procesos que dificultan a súa reversión".

Seguiu o pertinaz PP cun amplo varrido normativo que busca asentar no tempo cambios institucionais e sociais que asenten o cambio de modelo.  Na LOMCE fixando definitivamente que se houber solicitude de concertos esta non "pueda representar para las familias, alumnos y centros un trato menos favorable, ni una desventaja" ou, dito doutro xeito, garantindo o concerto mesmo habendo prazas na pública. Na Lei de Reforma e Sostibilidade Local impulsando o desapoderamento municipal dos servizos sociais para garantir o control das deputacións e facilitar o proceso de privatización. No cambio dun modelo de sanidade universal para a cidadanía a un modelo de prestación aos asegurados (fóra [email protected]; xuventude; inmigrantes...). Na aniquilación dun sistema de pensións pública para camiñar a un mercado ás aseguradoras privadas. Os principais piares do Estado de Benestar, educación, sanidade, servizos sociais, pensións e prestacións por paro, cambian radicalmente de fasquía en procesos que dificultan a súa reversión.

Todos estes procesos combinan ademáis o máis absoluto desprezo polo reparto competencial vixente. Para o "programa de reformas" chegar a bo porto opérase unha recentralización de competencias inconstitucional.  Disponse das competencias autonómicas exclusivas en servizos sociais na reforma local; recupera competencias estúpidas (sic) ao impor unha tarxeta sanitaria única que exclúe a cobertura universal e o dereito á saúde garantido por Estatutos de Autonomía; pasa por riba das competencias educativas autonómicas condicionando se e con quen se fan os concertos.  O cambio de modelo social e territorial van da man e precisan un do outro.

"Para o "programa de reformas" chegar a bo porto opérase unha recentralización de competencias inconstitucional". 

Finalmente adóptanse reformas na administración que van garantir a pervivencia do cambio por décadas. Por un lado estrangúlanse os cadros de persoal impedindo non só a asunción de novas prestacións senon mesmo a subsistencia de moitos servizos públicos.  A aplicación da taxa de reposición de efectivos (non se repón ningunha vacante por xubilación ou outras baixas definitivas na maioría dos servizos ou só unha de cada dez en sanidade e educación) está levando a unha aceleradísima perda de empregados públicos. Ao se establecer este límite na Lei de orzamentos do estado para todas as administracións garántese ademáis un control férreo impedindo que desde outras posicións ideolóxicas se opte pola xestión directa de servizos públicos.

Por outra banda blíndanse as privatizacións na xestión de servizos establecendo unha duración, condicións económicas e falta de garantías frente aos incumprimentos que han facer inviabel o rescate para gobernos vindeiros.  O Consello de Contas xa alertara en 2008 da hipoteca orzamentaria que supuña o recurso ao sistema de colaboración público privado para a execución de infraestruturas (sen ir máis lonxe o hospital de Vigo pasou de costar 400 millóns de euros a 1500 millóns) comprometendo o orzamento para as próximas décadas e garantíndolle rendas estabeis ás construtoras e financiadoras.  A nada sospeitosa de intervencionismo público Comisión Nacional de la Competencia, advirte nun recente informe sobre toda unha serie de extremos dos procesos de privatización de servizos que poñen en evidencia a vontade de bloquear o modelo cara o futuro.  A fixación de prazos moi prolongados de concesión -mesmo cando as empresas xestoras non teñen que amortizar fortes investimentos ao facerse cargo de infraestruturas construidas con cartos públicos-, a inexistencia de medidas de control da calidade das prestacións e de penalización dos incumprimentos, os curtísimos prazos para optar ás adxudicacións e inexistencia real de competencia son indicativos de que detrás destes procesos de privatización da xestión estase garantindo un negocio seguro con cargo aos orzamentos públicos e vocación de perpetuidade a empresas amigas.

"Finalmente adóptanse reformas na administración que van garantir a pervivencia do cambio por décadas". 

Se outros gobernar han atopar hospitais que co sistema de colaboración público-privada quedan en mans de empresas privadas por décadas e hipotecan o orzamento cos peaxes na sombra; concertos nas escolas agora blindados por lei mesmo habendo recursos na pública; a rede de servizos sociais desmantelada e privatizada na liña que sinala a reforma local. Todo atado e ben atado.

Mais, como dicía un cartaz, a resignación é un suicidio cotiá.  A insubmisión á reforma local, ao copago farmaceútico, á fixación de teito de gasto que impide aplicar políticas sociais en concellos saneados, á LOMCE, aos desafiuzamentos, ás privatizacións sanitarias son fachos que mostran que outras políticas son posíbeis e que hai camiños para frear este inmenso desafío.



x