O concepto de populismo sempre foi usado como un adxectivo pexorativo, e excepcionalmente como un substantivo. A excepción esta nos Naródnik, que deron lugar ao primeiro partido revolucionario ruso: «A Vontade do Pobo» (en ruso: Naródnaya Volya). Mais sempre o termo populista foi utilizado como unha inxuria polo poder establecido desde o século XIX, o poder liberal.

Foi o sociólogo Pareto quen no século XX analizou a política como unha loita entre elites que pugnan por ter o poder. No presente artigo partimos desa visión, e pretendemos dar unha explicación (entre as diferentes que existen), ou realizar unha análise para entender o que está a acontecer. Elites que loitan polo poder.

O fenómeno é europeo, pero cada Estado ten os seus matices. O reino de España é unha excepción no proceso do populismo. As causas son varias, pero as determinantes considerámolas o poder omnívoro da oligarquía económica, a falta de cultura política e a dexeneración moral ou de valores imposta activamente pola elite dominante.

A iso débeselle unir a realidade política de diferentes pobos dentro do Reino de España. Exponse por iso un problema previo ou prioritario, de forma que parte do pobo céntrase nesa loita, desprazando o debate populista por secundario. Iso acontece en Cataluña, País Vasco e Galicia.

Na actualidade os liberais hexemónicos insisten en que presenciamos un auxe do populismo. En realidade, tal vez asistimos a un auxe de loita de intereses económicos, ou de clase, onde os dominantes ven o xurdimento de movementos políticos que pretenden ser defensores das masas fartas das actuais elites depredadoras. Os populistas serían (despois xa concretaremos), elites que din ser portavoces das clases populares, os traballadores, as clases modestas, as clases medias empobrecidas; E os antipopulistas son as elites instaladas no poder, os beneficiarios do actual sistema de dominación.

Esta nova realidade política senta mal a moitos, e maiormente á elite dominante que pode perder o poder. Aos partidos dominantes liberais, porque ven ao inimigo dos seus privilexios; Aos partidos pre-populistas marxinados ou sen poder, sentense frustrados, ao ver que se antes non tiñan o apoio electoral, agora tampouco o teñen. Iso xera rancor, envexa e por iso optan tamén pola descualificación, do mesmo xeito que os partidos dominantes. A elite dominante ve ao inimigo, e as elites sen poder anteriores ao xurdimento do populismo ven un competidor.

Así xorden os ataques ao populismo, de xeito evidente artificiais, de fascistas, ou comunistas, extrema dereitistas, ou extrema esquerda, xenófobos, e demais propaganda. En definitiva, os dominantes temen perder o botín do poder, e os partidos pequenos pre-populistas envéxanos por ver un mozo competidor; Froito diso xorde unha alianza entre ambos para atacar ao populismo.

É posible que o difícil na vida, e tamén na política, sexa aceptar a realidade das cousas. Ante o éxito dos novos grupos, aos anteriores (no poder, ou sen el), medorentos e rencorosos non lle gusta a vontade do Pobo. O pobo vota mal…Ao non votar por eles, o Pobo vota mal…

Os antipopulistas teñen ao seu favor os inmensos medios de propaganda do sistema. As persoas son moi remisas a cambiar os seus hábitos mentais, de opción política ou ideolóxica. Ao que o fai chámanlle mudachaquetas, facha, bolivariano e todo o repertorio de falacias ad hominem. O poder ten ao seu favor a tendencia natural do inmobilismo, xa sexa inmobilismo de dereitas ou de esquerdas. Poñamos un exemplo: unha persoa que cre nas virtudes do PP ou da PSOE, que está formada nas súas teorías, na súa propaganda, e ten unha idade media alta, é difícil que estude outras opcións, léase outras teorías, etc. Practicamente xa está programado “propagandeado”. Os populistas teñen ao seu favor a realidade. En todo proceso revolucionario atopámonos con ese ambiente.

Os populismos, de esquerdas ou dereitas, indican que existen alternativas, que nos atopamos ante un conflito de principios ou intereses. Os antipopulistas negan a existencia de conflito algún. Afirman que só existe un camiño único, e talvez dramático. Os populistas din que en todo caso atopámonos ante alternativas, e iso sería máis ben unha traxedia, xa que existe un choque de principios, pero onde se pode e debe elixir. E uns gañar e outros perder.

Asistimos á negación da democracia por parte dos antipopulistas. Sen rubor afirman: Os británicos votan mal, os cidadáns de USA, Brasil, votan mal. Os cidadáns de Hungría, Polonia, etc, votan mal. Media Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Noruega, Suecia, Dinamarca, etc, votan mal. Só votan ben os que elixen ás elites liberais, apoiadas polas elites prepopulistas.

A esquerda occidental maioritaria, salvo unha minoría marxista extraparlamentaria, abandonou a loita de clases, acepta o liberalismo económico, o que Marx chamou capitalismo. E para manter algunha aparencia de existencia, só ten as políticas neutras das identidades raciais, sexuais, ou de minorías. En España úneselle o tema de Franco, cuestión moi concreta e inocua.

A dereita tampouco é a mesma. Os partidos tradicionais de dereita non defenden os intereses da burguesía propia. Ao ser globalistas, europeísta e defensora do euro, só defenden os intereses da plutocracia internacional. Moitos burgueses sentense prexudicados, ou simplemente mortos pola política da Nova Orde Mundial. Ven que están sós no seu querido capitalismo e o seu ansiado capitalismo devóraos. Mais cambiar, evolucionar, tirar o vello ou o inútil élles difícil. Tamen están propagandeados.

Os seguidores de ambas as elites ao servizo do capital, que se visten de neutralidades sexuais, LGTB, Franco, cambio climático, defensa dos pitos e galiñas, etc, son os que define Diego Fusaro como: “parvos que se fan chamar 'de esquerda' loitan contra o fascismo, que xa non existe, para aceptar plenamente o totalitarismo do mercado. Estes últimos son os que loitan en Francia contra Le Pen para aceptar de boa gana a Macron. Loitan contra un fascismo que xa non existe para poder aceptar a nova porra invisible da economía de mercado. E, por suposto, a clase intelectual, o circo mediático e o clero intelectual desempeñan un papel fundamental neste proceso”. A elite é liberal e unha parte dela é a coñecida como Esquerda Caviar.

No Reino de España non existe ningún grupo parlamentario, populista ou antipopulista, semellantes aos de Europa que expoñan nacionalizar empresas, a saída do euro, a saída da Unión Europea, recobrar a soberanía monetaria e económica, frear a inmigración, crear industria estatal, instalar aranceis, crear banca pública, etc. Unha vez máis o Reino de España comeza outro século de costas ao debate de ideas europeas.

Asistimos a unha loita de elites onde observamos que a maioría das elites en pugna son prol-capitalistas, liberais. Tampouco propoñen os populistas nin os antipopulistas un proxecto que de solución aos Pobos que coexisten no Reino de España. Todos coinciden en manter o “café para todos” os caciques existentes, e non solucionar unha realidade secular que xa é crónica.

Talvez detrás da loita entre as moitas das elites, en demasiados casos, non hai ningunha diferenza para o Pobo Traballador nin para a Democracia. Só loitan polo poder e a repartición do botín.