Díaz Castro vive, non é ese poeta ao que lle adican as letras galegas e fica no limbo de dúcias de nomes para a honrosa listaxe de escritores protagonistas dun 17 de maio esquecidos ao ano seguinte. Sigue vivo en Xermolos, a entidade cultural máis importante da Terra Chá empeñada en convertir a súa casa na Casa da Xente con Alfonso Blanco Torrado, curtido en mil batallas de dignidade, termando dunha bandeira de utopías posíbeis.

Díaz Castro sigue vivo porque os seus versos prenderon nos corazóns de novos bardos guitiricos, nimbos de luz inconformista que máis aló de soños institucionais, acreditan que a palabra, convertida en poesía, é o instrumento máis poderoso para mudar o mundo. Así, ese grupo de poetas, bautizados na Igrexa dos Vilares un 3 de Outubro de 2015 como NPG Nova Poesia Guitirica por Armando Requeixo no 25 cabodano do pasamento de Pepe do Vilariño, siguen sen desmaio catro anos despois, a facer actividades co poeta das cousas pequenas sempre como motor e inspirador das súas creacións.

Unha das máis orixinais e exitosas é o Certame Vilariñas, que non pretende ser un concurso poético senón unha canle de participación en forma de micropoemas que leve a dar nome propio a un xénero que ten adoitado unha descrición técnica fría (micropoema) como nome de pila, ou un termo importado do outro lado do mundo (HAIKU) para chamalos. O Vilariño dos Cregos nos Vilares, lugar de orixe do poeta e a referencia poética á "herba pequerrechiña" do seu poema Esmeralda, foron a fonte de inspiración das Vilariñas, ese símbolo do valor e importancia  das cousas pequenas, que tan ben ten ensalzado o poeta e que con só dúas edicións, xa teñen acadado un importante éxito de participación e popularidade, que mesmo ten sorprendido ao presidente da Real Académia Galega, Víctor Freixanes, que se ten declarado disposto a defender as Vilariñas como nome próprio para os micropoemas en galego, sabedor de que tan fermoso nome prenderá con orgullo, co paxariño da creatividade na cabeza, da figura da artista Viki Rivadulla, que as representa.

Por que renunciar a ter un fermoso nome para os pequenos poemas poemas cando a nosa língua ten capacidade danondo para nomear, e máis aínda candonde poesía se trata? Por que recorrer a nomes doutras línguas ou a termos tan pouco poéticos como "micro-poemas tendo unha palabra tan agarimosa, como Vilariña? Como di André da Ponte outro grande poeta vilarego, "Fazer um poema longo requer de força dos braços: Uma Ilíada; escrever uma "vilarinha" requer uma força de concentração extraordinária... Sabemos que Matsuo Bashô escreveu essas "vilarinhas" com um rigor inigualável... Pois isso... Vivam as Vilarinhas!!!" de aquí en diante, a quen escriba ou recite un micropoema, e co maior dos respetos á creación nas outras línguas do mundo, nós temos nome próprio, así que, daquí en diante "Non me Chames Haiku, chámame Vilariña"!!!