A crise xerouna a burbulla inmobiliaria

11 novembro 2012 00:12 h.

O título é evidente, non si? E logo porqué lle seguimos a dar voltas ao asunto? Onte suicidóuse Amaia Egaña en Barakaldo porque con cincoenta e tres anos ían desaloxala da SÚA casa por falta de pago. E recalco SÚA porque hai quen pensa que as entidades de creto poden facer o que lles pete.Efectivamente, existe unha Lei Hipotecaria que hai que cumprir, mais non é a única.

O título é evidente, non si? E logo porqué lle seguimos a dar voltas ao asunto? Onte suicidóuse Amaia Egaña en Barakaldo porque con cincoenta e tres anos ían desaloxala da SÚA casa por falta de pago. E recalco SÚA porque hai quen pensa que as entidades de creto poden facer o que lles pete.

Efectivamente, existe unha Lei Hipotecaria que hai que cumprir, mais non é a única. Que as entidades de creto impoñan a súa tasación, pagada polo comprador iso sí, que obriguen á contratación de seguros asociados á concesión da hipoteca e que no momento da execución hipotecaria volten a impoñer a tasación que lles é máis favorable son prácticas todas elas contrarias á lei. E logo porqué non vemos ningunha patrulla da Policía ou da garda Civil levando a rastras a banqueiros? Porque teñen o poder que xenerosamente lles fumos dando coa nosa inacción e a elección de políticos que non nos representan.

Fervían as redes sociais tamén coa nova de que La Caixa, entidade que executaba o desafiuzamento que deu pé ao suicidio mencionado, condonara seis millóns e medio de euros ao PSOE. Non teño confirmación oficial de tal feito, mais de ser certo agravaría moito máis a situación dun Partido Socialista que pretende erexirse como alternativa cando forma parte do problema.

Tolerancia cero. Traspasáronse todas as liñas vermellas e cómpre falar sin moderación. O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, fixo tal. Non se trata dun suicidio, é un asasinato. Non é suicidio porque a desesperación e a impotencia é unha causa allea á propia persoa. Ante unha situación de impago existen múltiples fórmulas para adiar o desaloxo.: renegociación da débeda, novación da hipoteca, establecimento dun período de carencia, aluguer con ou sin opción de recompra… Non será por falta de solucións imaxinativas.

É certo que os estamentos políticos estiveron lentos. Esta mesma semana o BNG presentaba propostas no Congreso dos Diputados en relación á dación de pago e os desfiuzamentos. Non era a primeira vez. Mais PP e PSOE seguían enfrascados nas súas lerias. No Estado Español só se pode mover un fío si os dous grandes partidos se poñen de acordo, e así nos vai.

Toda esta situación non tería chegado de terse actuado no sector inmobiliaria no momento axeitado. Os que levamos tempo tentando dar solución ao problema de acceso á vivenda fomos sempre tachados de utópicos ao formular iniciativas relacionadas co cooperativismo e o aluguer. Seguiremos predicando no deserto ou por fin se redactará un Plan Estatal de Vivenda acorde coas necesidades da cidadanía e non coas da banca?

Xosé Manoel Marcote Gil
Responsábel Local do BNG en Baiona

@xosemarcote