A nulidade das cláusulas solo

24 xuño 2013 02:17 h.

O Tribunal Supremo ven de adoptar unha decisión das que reconcilian co Estado de Dereito, coma a do Tribunal da UE a respecto dos despexos ou as de ducias de Xulgados galegos declarando a nulidade da venda de híbridos financeiros (preferentes e subordinadas). O TS ven de declarar, baixo determinadas circunstancias, a nulidade das chamadas “cláusulas solo” que fixan un mínimo para o tipo de xuro do préstamo hipotecario, malia que se pacte éste variábel e referido ao euribor.

"Moitos dos nosos xuices están a reivindicar a súa independencia e unha aplicación do Dereito axeitada á realidade social duns consumidores de produtos financeiros inertes nas máns da Banca".

Esta caste de cláusulas constituiu, canda a venda masiva dos híbridos financeiros e a abusiva imposición de comisións (mantemento, reclamación de posicións debedoras...), unha das grandes fontes de ingresos abusivos da Banca. Porque o financiamento do saneamento bancario foi e está sendo custeado polos aforradores. Velaí as quitas dos híbridos financeiros vixentes dende mañá, só anulábeis a medio da demanda xudicial ou da arbitraxe.

Compre prever que esta decisión xudicial (só executiva, polo de agora, para NCG Banco, BBVA e Cajamar) acade níveis moi altos de xeralización e redistribúa importantes cantidades a prol dos debedores que non recebiron unha información a xeito do funcionamento desta caste de cláusulas. Por outra banda, a legalidade das mesmas non só se ha basear nesa información transparente e veraz, senón na funcionalidade contractual da cláusula. Éstas poderían ter un sentido nos anos 90 do século pasado, cando viñamos dun contexto de tipos de xuro altos, mais non no 2002-2007, nunha conxuntura sostida de tipos de xuro baixos.

Vivimos tempos nos que moitos dos nosos xuices están a reivindicar a súa independencia e unha aplicación do Dereito axeitada á realidade social duns consumidores de produtos financeiros inertes nas máns da Banca. Porque se polas forzas do bipartidismo dinástico (PP-PSOE) fór non estarían na axenda social nin os despexos nin a dación para pagamento. Tampouco as preferentes nin as cláusulas adoito.