Hoxe, eu, na Audiencia Nacional

24 xuño 2013 02:17 h.

Na miña mesa teño unha tese de doutoramento do 2007, Terra a Nosa! Discurso de identidade agrária na Galiza “Moderna” (18875-1936), o seu autor é Antom Santos Pérez, cónstame que este estudo dirixido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto levou a mellor cualificación o que lle permitiu ao investigador obter o título de doutor. Pasaron algúns anos e o Antóm que dera aulas na Universidade con entusiasmo nada quixo facer para permanecer no mundo académico, enfrontábase á vida con clases particulares en Lugo, onde vivía coa súa compañeira María Ossório, e correndo, porque o Antóm participou sempre en moitas carreiras populares. 

Na miña mesa teño unha tese de doutoramento do 2007, Terra a Nosa! Discurso de identidade agrária na Galiza “Moderna” (18875-1936), o seu autor é Antom Santos Pérez, cónstame que este estudo dirixido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto levou a mellor cualificación o que lle permitiu ao investigador obter o título de doutor. Pasaron algúns anos e o Antóm que dera aulas na Universidade con entusiasmo nada quixo facer para permanecer no mundo académico, enfrontábase á vida con clases particulares en Lugo, onde vivía coa súa compañeira María Ossório, e correndo, porque o Antóm participou sempre en moitas carreiras populares.

"Nunca recibiron tratamento de presunta inocencia, iso non existe na lei antiterrorista, sofren o afastamento da súas familias, do seu país, si, do seu país."

Hoxe é domingo, estou na miña casa en Tui, mais podería estar na aldea de Bustelo e no cuarto de Antom na casa da familia, como adoito facer moitas fins de semana, desde xa hai anos. O Antom que coñecín de cativo, un neno moi observador e intelixente, crece e arromba a súa vida, visita a (visitaba) a casa de Bustelo de cando en vez, o que me permite, nun pacto non escrito, gozar do seu espazo e da súa biblioteca, unha boa colección de libros desde a literatura xuvenil á literatura clásica de todos os tempos, moito ensaio, historia, poesía; nesta biblioteca sempre atopo libros que me enganchan  e non preciso levar ningún da miña casa, é un xeito de dialogarmos a través das páxinas polas que el tamén andou. E xa se sabe, as persoas que len son (somos) perigosas, e en Luou por toda esta casa lese moito. Agradecida estou á familia, á que quero como propia, pola súa hospitalidade, pola amizade, agradecida estou ao Antom por estes diálogos que foron medrando na clandestinidade do seu cuarto, nas páxinas desas obras, nese silencio e nesa ausencia, agradecida estou por esas zapatillas que uso sempre e que me axudan a manter os pés na terra. Desde o cuarto de Antom, desde a lectura da súa tese, na miña casa en Tui, volvín trazar na miña cabeza o mapa do territorio do meu país, do seu país, o mapa construído tamén con tiranía e seguranzas desa paisaxe que el tan ben me explica  na súa escrita, desaparición e aparición dun mundo agrario, das lindes entre o traballo e o lecer, unha paisaxe pola que hoxe camiña, ten razón, e encantoume o termo, unha “sociedade líquida”. Mais agora o Antom non visita a casa, non pode visitala, está preso, xa non partillamos ese espazo desde hai máis dun ano e seis meses. O meu amigo, o fillo e o irmán dos meus amigos está preso. Prisión preventiva dun estado de dereito que aplica a lei antiterrorista, esa da que sabe tanto o xuíz Garzón, dun estado de Europa en que unha parte da cidadanía mira para outro lado, mais non toda.

Antom Santos, Maria Ossório, Eduardo Vigo e Roberto Rodrigues enfróntase a un xuízo que comezará mañá por un presunto delito de pertenza a unha organización terrorista. Nunca recibiron tratamento de presunta inocencia, iso non existe na lei antiterrorista, sofren o afastamento da súas familias, do seu país, si, do seu país. Eles, ela, como Antom teñen familia, amizades, seres queridos con que partillar os seus espazos; eles, ela son as cabezas visíbeis dun xuízo á liberdade, dun xuízo ao noso dereito libre de querermos ter un país que se chame Galiza. 

Vella estratexia inventar un inimigo para coartar as liberdades, para vixiar e controlar as liberdades, para negalas. Un estado que ten todo da súa man, o politicamente correcto e a opinión, a prensa e a lei antiterrorista, nun momento en que coa desculpa dunha crise (da que nunca se nomean os culpábeis, esta culpa non ten rosto) asistimos á perda de dereitos fundamentais no mundo do traballo, na sanidade e no ensino que moitos anos se tardaron en conseguir. Despois dos “recortes” as noticias nos medios de comunicación “oficiais” poderán deixar de falar un día da crise simplemente porque esa fantasma que segue a percorrer Europa (e o mundo) materializarase firme e triunfante en cada unha das nosas vidas cada día máis escrava. Esta prensa hoxe  tan amante das enquisas non tivo a ocorrencia de preguntar ao pobo galego se realmente cre que existe unha organización terrorista en Galiza. Eu creo que non. Había que inventar culpábeis, poñerlle rosto, e facer soar a vella ladaíña que acompaña os sistemas de represión, esa de “algo farían”, mentres se retorce o bico, se mira para o outro lado... O próximo paso: erguer o dedo acusador. Fronte á inxustiza está quen fai tremer o mundo, é cando o mundo treme cando se dan pasos cara adiante, cando se producen as revolucións colectivas, cando se cuestiona o poder que nos aguilloa. Hoxe, xa,  24 e mañá, 25 de xuño, Antom, María, Eduardo e Roberto, van ser xulgados na “Audiencia Nacional”, mais esa cidadanía, que cuestiona o poder e que o fai tremer, sabe que tamén ela é a xulgada. Con isto non contaba a Audiencia Nacional, cun número tan alto de [email protected]!

"Eu tamén serei xulgada, durmo no cuarto de Antom Santos, leo os libros da súa biblioteca, poño as súas zapatillas, levo unha camisola que me regalou coa imaxe da Bela Otero dunha carreira de Valga, quero a súa familia, quéroo a el e son independentista".

Sei que os familiares de Antom, de María, de Eduardo e de Roberto tiveron que facer moitos números en quilómetros, en horas, en cartos.... moitos números, para se desprazaren aos cárceres onde os teñen, fóra e lonxe da casa. Sei que non hai adxectivos que acompañen á rabia, á impotencia, aos nervios vividos polos días que estiveron incomunicados cando botaba a andar a roda da represión coas súas formas máis sutís:  libros sen dedicatorias, correo controlado, paquetes que non se poden entregar por non ser o día dos paquetes, aínda que percorras quilómetros, rexistros... Abonda con dicir que as familias [email protected] [email protected] sempre serán sospeitosas (en moitos casos culpábeis) fóra e dentro do cárcere e non precisaremos falar dos números que cómpre facer nos traballos para poder acudir e chegar a tempo aos horarios das visitas... Desde que Antóm, María, Eduardo e Roberto están no cárcere para moitas persoas os domingos xa son outra cousa. Para moitas persoas os recortes tamén teñen presenza nos cárceres, na comida, nas noites frías... 

Como amiga de Antom Santos, da súa familia, agradezo todos eses apoios recibidos, sobre todo a esas persoas que ofrecen a súa casa en Aranjuez, outra casa con moitos libros, que se converte nun lugar de repouso antes ou despois de vivir a experiencia terríbel de deixar un fillo ou un irmán na tortura dunha soidade imposta, en prisión preventiva. O meu agradecemento é extensivo a todas as persoas que manteñen vivo o seu apoio e a súa solidariedade con Teto, Eduardo, Antóm e María.

Criminalizado o independentismo galego, é xulgado hoxe o 24 de xuño na Audiencia Nacional.

Eu tamén serei xulgada, durmo no cuarto de Antom Santos, leo os libros da súa biblioteca, poño as súas zapatillas, levo unha camisola que me regalou coa imaxe da Bela Otero dunha carreira de Valga, quero a súa familia, quéroo a el e son independentista. Tiráronlle a liberdade, non o amor, nin as forzas para correr nun espazo mínimo, onde fai quilómetros e gasta as solas dos zapatos, el que segue a ser, intelixente e observador.

Marga do Val