Listas abertas a debate (2)

17 xullo 2013 01:09 h.

Nada máis lonxe da miña atención co artigo anterior que desacreditar o sistema de listas abertas. Simboliza un paso adiante cara unha democracia participativa e, sobor de todo, integrada na sociedade. Porque aquí é onde fallan os sistemas, nas persoas que non participan na sociedade á que pertencen. De qué nos sirve unha democracia participativa si a sociedade está adormecida, é consentidora e só se moviliza por intereses egoistas?

Nada máis lonxe da miña atención co artigo anterior que desacreditar o sistema de listas abertas. Simboliza un paso adiante cara unha democracia participativa e, sobor de todo, integrada na sociedade. Porque aquí é onde fallan os sistemas, nas persoas que non participan na sociedade á que pertencen. De qué nos sirve unha democracia participativa si a sociedade está adormecida, é consentidora e só se moviliza por intereses egoistas?

"O primeiro paso para que a elección de representantes poda ser aberta será establecer canles de comunicación internas que permitan a todos e todas as militantes coñecerse en maior ou menor grao".

Xa que logo, o paso para o emprego de ferramentas participativas ten que conlevar unha transformación da sociedade, de tal xeito que ésta teña o desexo de exercer como tal, de ser quen de respostar ás cuestións que se prantexen sin egoismo, con sentido común e sin que a manipulación domine a decisión final. Temos na actualidade unha sociedade dinámica, activa e participativa que nos permita executar ferramentas de participación social como as listas abertas? Penso que nunha importante maioría da mesma non, mais iso non debe ser motivo para desistir, simplemente que a súa implantación debe ir parella á pedagoxía que a efectivice.

Antes de pensar na súa aplicación xeralizada, centrémonos nun ámbito máis reducido e incluso experimental, as formacións políticas. O primeiro paso para que a elección de representantes poda ser aberta será establecer canles de comunicación internas que permitan a todos e todas as militantes coñecerse en maior ou menor grao. Neste senso o BNG ten aprobado nas súas dúas últimas Asembleas Nacionais a posta en marcha dunha ferramenta dixital interna que axude a este fin. Veremos no futuro si é efectiva ou non.

Dótase actualmente o BNG, e falo da fronte porque é a formación da que teño máis profundo coñecemento, das chamadas Comisións Nacionais e Comarcais. Nelas debátense temas concretos que se elevan aos correspondentes órganos de representación. É certo que se ten reclamado un maior dinamismo nelas, mais tamén o é que este dinamismo ten que vir dado directamente pola militancia, participando activamente nelas.

"É evidente que si temos que guiarnos polas informacións verquidas nos medios xeneralistas para averiguar cáles serían os nosos mellores representantes iamos por mal camiño".

A terceira pata da mesa é que contemos con medios de comunicación propios. É evidente que si temos que guiarnos polas informacións verquidas nos medios xeneralistas para averiguar cáles serían os nosos mellores representantes iamos por mal camiño. Que os e as militantes máis comprometidos participen en seccións de opinión como as que ofrece Sermos Galiza tamén axudarán á militancia a facer opinión. Aproveito a ocasión para lanzar un chamado a quen o queira recoller para que actúen deste xeito.

Agora xa temos un panorama composto na que as listas abertas poden resultar efectivas. Temos ventaxas sobre as pechadas? Por suposto. E paso a relatalas.

Os representantes eleitos sábense fiscalizados e sempre actuarán conforme aos dictados dos representados, sabendo que de non ser así deixarán de selo. O paradóxico é que na maioría das veces ser representante dunha formación conleva máis obrigas que dereitos e a vocación é un factor decisorio sobre a disposición ou non a implicarse até tal grao.

"Os representantes eleitos sábense fiscalizados e sempre actuarán conforme aos dictados dos representados, sabendo que de non ser así deixarán de selo".

Os representados síntese como tales e vencéllanse moito máis ao proxecto común, porque saben que partillan del e son escoitados.

Evítase a constitución de cúpulas de poder inmovilistas, polo menos non consentidas. Os representantes non lle deben anda a nadie máis que aos anónimos que o elexiron. Evítase o servilismo a “dirixente” que te vai elevando nos órganos internos.

Os representantes síntense máis respaldados e lexitimados para a acción, posto que os representados son os que deciden directamente o seu nomeamento en base a un coñecemento previo.

Nótese que falo de representantes e representados, porque non deben existir órganos directivos en organizacións horizontais. Portavoz Nacional, Responsábel Comarcal, Responsábel Local, etc. non son máis que cargos representativos sin poder decisorio. Executan os acordos da militancia nos períodos interasemblearios.

"Evítase a constitución de cúpulas de poder inmovilistas, polo menos non consentidas".

Agora extrapolemos esta práctica a todos os eidos da organización política e social e teremos unha sociedade máis xusta e comprometida. Utopía? Non si cobramos consciencia colectiva para levar a cabo a revolución social que deixe atrás as fórmulas democráticas obsoletas.

En relación a isto coido que é interesante analizar as propostas levadas a cabo polos avogados hispano-suizos Daniel Ordás e Juan Cortizo. (www.reforma13.es) Un tema que, novamente, da para unha reflexión futura.