O que se xoga o 21 de outubro

17 outubro 2012 14:08 h.

De todos os datos que proporcionará o reconto do 21-O, haberá dous especialmente relevantes: o resultado que obteña o PP e a cifra de apoios que reciba o BNG.No primeiro caso está en xogo, obviamente, a propia continuidade do actual goberno da Xunta e, tamén, a consistencia das políticas que está a desenvolver o executivo presidido por Mariano Rajoy.

De todos os datos que proporcionará o reconto do 21-O, haberá dous especialmente relevantes: o resultado que obteña o PP e a cifra de apoios que reciba o BNG.No primeiro caso está en xogo, obviamente, a propia continuidade do actual goberno da Xunta e, tamén, a consistencia das políticas que está a desenvolver o executivo presidido por Mariano Rajoy.A encrucillada semella indiscutíbel:a eventual maioría absoluta de Núñez Feijoo representaría un salvoconduto para os memorandos presentes e futuros da “troika” mentres que a perda desa situación hexemónica certificaría o fracaso dos artífices directos da destrución do Estado de benestar.O primeiro sería un cheque en branco para os deseños políticos que agardan nos despachos da Moncloa e o segundo constituiría unha moción de censura que sinalaría o comezo do remate da hexemonía da dereita política.

A importancia do rexistro electoral do BNG non deriva só da tradicional consideración que suscita como indicador dos apoios sociais que merece a reivindicación dunha maior capacidade decisoria para as institucións galegas.Nesta ocasión, a práctica coincidencia das citas electorais de Galiza, Pais Vasco e Catalunya orixina un contexto específico que multiplica a relevancia do resultado que poda obter o nacionalismo galego.

Calquera comparación debe ser establecida co necesario rigor histórico.A existencia da denominación “nacionalidades históricas” no texto constitucional de 1978 non foi consecuencia dunha graciosa concesión ditada polas forzas maioritarias xurdidas dos comicios xerais de 1977 senón a necesidade de lexitimar o precedente histórico establecido na II República e asumir, por tanto, que o novo réxime democrático contemplaba a identidade nacional catalana, vasca e galega como unha realidade merecedora de recoñecemento e de tratamento específico na construción do edificio institucional.A partir dese momento fundacional, as consultas electorais realizadas nas tres nacións posibilitaron a consolidación dun mapa político diferenciado que expresaba a existencia dunha importante vontade de autogoberno en segmentos significativos da cidadanía deses tres países.É sabido que o corpo social galego apoiou cunha intensidade menor ao nacionalismo político organizado e, consecuentemente, non posibilitou unha presenza prolongada do mesmo no goberno da Xunta.Esta evidente asimetría no peso político dos tres universos nacionalistas tivo un efecto negativo na propia calidade do autogoberno galego e na capacidade de influencia na vida política estatal.

Cando se abran as urnas do 21-O e do 25-N, comezará unha nova andaina política no Estado español.Falase xa dunha nova transición como resumo metafórico do proceso de recomposición da estrutura territorial que permita atopar convivencias cómodas para as identidades nacionais que conforman o actual Estado.A forza electoral que sexa capaz de exhibir o BNG será un factor decisivo na configuración do papel de Galiza nesa nova arquitectura institucional.

Xesús Veiga