Xustiza sen alcohol

12 Maio 2013 02:24 h.

Hai clases. @s que poden tomar substancias tóxicas para manipular unha competición deportiva  son ídolos sociais; quen as toma para o seu propio pracer, un delincuente. Existen amplas sospeitas sobre iso que se dá en chamar “a idade de ouro do deporte español” (vía maior de penetración do centralismo, por certo, malia que logo haxa que ver a algúns nacionalistas [email protected] celebrar intensamente os éxitos da Roja, nun delirio suicida). Ata o Goberno defendeu ao ciclista Contador -botando a culpa a carniceiros vascos, que propio- ou criticou a un programa de humor francés -disparate absoluto- por facer brincadeira sobre o asunto do dóping hispano. Mira se lles vai no asunto. 

“Hai medio século, Uruguai venceu ao Brasil en Maracaná, consagrándose contra todo prognóstico campión mundial. O principal protagonista desa fazaña imposíbel chamábase Obdulio Varela. El dopábase con viño. Chamábanlle Vinacho. Eran outros tempos”. Cóntao así Eduardo Galeano nas páxinas de 'Carta ao Señor Futuro'. E ten razón. Mudaron as cousas. Non sempre a mellor. Un futbolista de elite que se anime con viño, como o pobo, é hoxe unha rareza. Un que tome pílulas ou ande en turbios manexos económicos -amaños, publicidade demencial, coches de alta gama...- case a norma. 

Eliminaron o viño do fútbol, agás nos bares, onde por agora só desterraron o fume. Símbolo dos tempos. Porén, prácticas estafadoras como a da dopaxe, aí seguen. Como triste escenificación da época. Hai unhas semanas, dous seareiros foron multados con 3.000 euros por cabeza porque a policía cachounos na bancada de Riazor cunha lata de cervexa con alcohol na man, algo prohibido. En función do modesto da bebida e da zona popular do estadio que ocupaban, é doado deducir que esa cantidade pode supoñer un golpe moi importante nas súas precarias economías. Outro exemplo de represión desmedida. Sobre todo, cando se compara. 

"@s que poden tomar substancias tóxicas para manipular unha competición deportiva  son ídolos sociais; quen as toma para o seu propio pracer, un delincuente".

Tamén hai pouco, un coñecido médico e toda a súa trama de substancias ilegais destinadas á trampa deportiva foi castigado cunha sanción ridícula logo de anos de delito persistente grazas ao que obtivo enormes beneficios. Así é todo. @s de abaixo reciben penas esaxeradas por actos de absoluta normalidade; @s máis [email protected] manteñen os seus privilexios após teatros con toga. Urdangarín e a filla do Borbón tamén son deportistas. Viven nun pazo. Con cartos de [email protected] 

A inmoralidade da Xustiza é cada día máis evidente. Os culpables da crise manteñen os seus privilexios mentres as vítimas sofren, indefensas. Gobernantes poden gastar 200 euros públicos en xenebra -da de beber, outros tamén poden levar millóns á de Suíza- sen que pase nada. Pero unha lata de cervexa nun estadio, nin falar. A eses cómpre machacalos.

Hai clases. @s que poden tomar substancias tóxicas para manipular unha competición deportiva  son ídolos sociais; quen as toma para o seu propio pracer, un delincuente. Existen amplas sospeitas sobre iso que se dá en chamar “a idade de ouro do deporte español” (vía maior de penetración do centralismo, por certo, malia que logo haxa que ver a algúns nacionalistas [email protected] celebrar intensamente os éxitos da Roja, nun delirio suicida). Ata o Goberno defendeu ao ciclista Contador -botando a culpa a carniceiros vascos, que propio- ou criticou a un programa de humor francés -disparate absoluto- por facer brincadeira sobre o asunto do dóping hispano. Mira se lles vai no asunto. 

"Mentres ninguén move un dedo por deitar luz sobre a dopaxe da elite deportiva española, seareiros son multados por un grolo".

Mentres ninguén move un dedo por deitar luz sobre a dopaxe da elite deportiva española, seareiros son multados por un grolo. Mentres Bárcenas, Méndez ou Urdangarín pasean marabillosamente polos grandes restaurantes, activistas malviven no cárcere. “Deteñen ao que rouba nun supermercado, pero aos que fan as grandes fraudes nin lles interveñen o teléfono”, ten declarado Iker Sarriegi, ex futbolista da Real Sociedade, para o libro 'Futbolistas de Izquierdas'. 

Calquera día será público que tamén se dopaba outro dos mitos da gran farsa española -neste caso versión deportiva- como foi Induráin. Será defendido ou perdoado polo Marca. Pero manterá o seu alto nivel de vida, simplemente un pouco máis agochado, sen anunciar lácteos. Ao tempo, dous seareiros do Dépor seguirán pasando enormes dificultades para chegar a fin de mes porque un día beberon unha lata de cervexa. Así con todo. Chámanlle xustiza. E non o é, oé, oé, oé. 



x